Skip to Content

ENDL

Vídeo Maios 2016

O prometido é débeda! Aquí vos deixamos con unhas imaxes da celebración dos Maios, o pasado 29 de abril. Agardamos que o Sol primaveral non se esqueza de voltar! Risa

MAIO 2016

Qué mellor maneira de darlle a benvida á PRIMAVERA que cantando?? O pasado venres tivemos un día espléndido para celebrar o MAIO deste ano. Desfrutámolo moito! Pronto poderedes ver un vídeo-resumo, permanecede atentos á nosa canle de Youtube Guiño

Aquí podedes ver o proceso de elaboración, no que colaboraron todos os nenos e nenas do cole.

 

Disfrutando da danza e as coplas do Maio.

OBRADOIROS 2º TRIMESTRE

Achegámosvos, nesta ocasión, unha mostra dos Obradoiros que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ofreceu no 2º trimestre no noso colexio.

 

OBRADOIRO DE DOBRAXE NA ESCOLA (para os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria)

 

 

 

OBRADOIRO "CAMIÑO DA LINGUA" (para os nenos e nenas de 3º A e B)

 

 

OBRADOIRO "APRENDENDO COA MÚSICA DE MAI-LÚA" (para os nenos e nenas de Infantil)

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2016

Desexándovos a todos e, en especial, a TODAS vós un feliz Día da Muller, amosámosvos os traballos realizados polas nenas e nenos do colexio. Con eles, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega pretendeu achegar as conversas arredor da IGUALDADE aos vosos fogares, moitas grazas pola vosa resposta! Sorriso Aínda que este traballo non é cousa dun día...!

 

 

 

 

    

 

 

  

 

 

E poñemos a banda sonora co fermoso doodle que nos recibía hoxe ao abrir a páxina do famoso buscador de Internet. Nel, diferentes mulleres, de diferentes culturas e con diferentes idiomas, fálannos do que "algún día serán". Así que, MULLERES, sigamos cumprindo soños!

 

 

CELEBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro é para nós un día especial. Celebramos o DÍA DE ROSALÍA, na data do que sería o seu 179 cumpreanos.

 

 

 

 

Deixámosvos co máis fermoso dos poemas cantados na honra á unha das meirandes escritoras en lingua galega.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut