Skip to Content

ENDL

O SAMAÍN 13-14

O SAMAÍN 13-14

Como xa temos feito outros anos organizamos un concurso de cabazas (preme na imaxe para ver o video)

 

 

  Do concurso  resultaron gañadores estes alumnos

FELICIDADES!!!!

 

 

 

 

Pero non todo vai ser traballar. Así que coa colaboración das familias montamos este suculento banquete para todo alumnado. Mmmmm...,que rico!

 

       

 

 

Revista EDNL 2012

Xa temos a nova Revista de EDNL 2012 creada por todos os alumnos do centro cos seus titores.

 

Próximamente recibirédela en casa pero aquí tedes un adianto:

 

CALENDARIO ENDL 12

Tras moito investigar e debuxar, éste foi o resutado:

 

O calendario do 2012 baseado na Fauna autóctona de Galicia, elaborado por tódolos nenos/-as do centro.

 

Desexamos que vos guste!!!

POR FÍN O SAMAÍN

Queridos nenos e nenas, pais e nais, mestres e mestras:

 

En primeiro lugar, queriamos darvos as grazas pola vosa participación e colaboración na celebración do SAMAÍN 2011. Dicir, que sen a vosa aportación este evento non sería posible.

 

Tamén aproveitamos para dar as grazas ao xurado (Xurxo, Adela, Lois e Raúl) que se encargou de escoller os tres traballos, que ao seu xuizo pareceulles mellores, sabendo do esforzo que fixeron os demais.

 

 

 

 

Aquí están os gañadores deste Concurso:

piZap.com free online photo editor, fun photo effects
 

 

 

 

 

1º. Samaín Park. Iván del Río.


 

2º. Parella de Noivos. Adela, Raquel, Violeta e Víctor.

 

3º. Cabaza Atleta. Uxía.

 


PREPARANDO O SAMAÍN

Un curso máis, aproxímase a festa do SAMAÍN.

 


 

 

Estamos cos preparativos: cabazas, receitas de postres con cabazas, disfrazaces, outros traballos que se realizan nas aulas, ...

 


Por iso vos deixamos unhas actividades para xogar cos seres típicos desta celebración.

 

  • Infantil e 1º ciclo de Primaria. Practica a preparación dunha cabaza dende o ordenador.

 

 

  • 2º ciclo de Primaria: Se premes na cabaza descubrirás un Samaín de Conxuros. A verdade é que pon os pelos de punta, pero anímate e entra. Xa verás...

 

 

  • 3º ciclo de Primaria, preme na cabaza e amosa toto o que sabes neste MacroPreguntoiro sobre o Samaín. O Récord está en 30 Puntos!!!!!


Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut