Skip to Content

ENDL

Xogos Populares Abril- Petanca

Durante o mes de abril e parte de maio, estaremos presentando a PETANCA.Atentamente, EDNL.

 

 

XOGOS POPULARES

Xa  temos no noso taboleiro do E.D.N.L.  os traballos  que as distintas aulas fixeron sobre os xogos populares de Galicia.

Aquí poderedes ver como de desenrolaban eses xogos, as súas regras, onde e cando se soían xogar e outras informacións moi interesantes sobre estes xogos que non queremos esquecer.


 

XOGOS POPULARES MARZO

Entroido en Beade

Neste curso celebramos o Entroido, como outros anos, respectando as ordes do Meco.

  

Ao remate do festival fixemos a queima do Meco. Merecía ser queimado, este ano levaba moitas  actitudes que rexeitamos e que non queremos, nin na nosa escola, nin no noso mundo.

Fixémoslle un xuízo rápido, non como soen ser habitualmente, e saíu condeado.

 

XUÍZO DO MECO 2017

 

Aquí andamos Meco,

imos celebrar

o Entroido deste ano

e neste lugar.

 

Homes e mulleres

son igual persoas,

machistas coma ti

querémolos fóra.

 

Hai quen coma ti

non quere extranxeiros,

eles son coma nós,

somos compañeiros.

 

Deixas que eles morran

afogados no mar,

só fuxen da guerra,

queren un fogar.

 

Se esto non se amaña

caña, caña, caña.

Se esto non se arregla

leña, leña, leña.

 

Leña ti vas ser,

ímoste queimar,

fóra os malos tratos

de este lugar.

 

 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut