Skip to Content

blogue deadmin

PERCUSIÓN

 

 

Os alumnos de 6º A e B asistiron a unha masterclass de ecopercusión im partida polo profesor Didier Díaz. Todos tocaron “curiosos instrumentos” de refugallo tales como botes de pintura e bidóns.

 

Traballaron a coordinación, a métrica, a atención e a memoria….. Nestes vídeos podedes escoitar o resultado final.

     

Gran premio final do reto Aliméntate Ben!

Aquí vos deixamos cun marabilloso recordo do noso máis que merecido premio. Non hai como sumar a actividade física a unha boa alimentación para sentirnos ben, por iso este premio non podía ser outro Guiño

Animádesvos a facer a ruta? Os mozos e mozas de 6ºA poderían ser xa os e as vosas guías!

Dende o equipo deste Plan Proxecta, despedímonos deica o curso próximo. Contamos convosco para seguir medrando! Grazas pola vosa implicación Sorriso

ESCOLA DE TEATRO

 

Neste curso a aula de teatro do noso colexio prepararon unha obra baseada na vida do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Antón Fraguas.

 

A aula de teatro está composta por alumnos e alumnas de 6º de primaria,  dirixidos polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

Esta é unha pequena mostra da interpretación no Festival das Letras Galegas  celebrado no Centro Cultural  da nosa parroquia.

 

A música que escoitaredes no video é unha escolla de pezas dun grupo de gaiteiros que tiñamos, o século pasado, na nosa cidade, os famosos “Morenos de Lavadores”. Un grupo que tocaba en moitísimas festas, romarías, bailes entroidos, innaguracións, concursos e filmes, e que deixou unha fonda pegada nas futuras xeracións de gaiteiros e percusionistas galegos.

FAI CLIC   

Os maios 2019

A continuación tedes un pequeno video sobre a celebración de OS MAIOS.

 

LETRAS GALEGAS 2019

 

     A continuación tedes a programación do festival que celebraremos o vindeiro xoves 16 de maio co gallo do día Das Letras Galegas.

Disfrutádeo.

 

*Unha vez rematado o festival TODO o alumnado regresará co profesorado ao colexio, saíndo como sempre ás 14h. Agradecemos a vosa colaboración. 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut