Skip to Content

blogue deadmin

Gañadores do reto Aliméntate Ben! Semana 6

E a cousa ponse interesante mozos e mozas. A semana pasada parece que o equipo de 6ºA se puxo as pilas e logrou acadar o empate co equipo de 5ºB.

Só queda unha semana para coñecer aos gañadores e gañadoras do reto saudable e o marcador está que ferve...

Quen gañará o gran premio final??? Pronto o saberemos... De momento, MOITOS PARABÉNS AO EQUIPO GAÑADOR DESTA PASADA SEMANA: 6ºA!!!

 

Accede ao álbum de gañadores e gañadoras AQUÍ.

Gañadores do reto Aliméntate Ben! Semana 5

Voltamos co reto das merendas saudables!

Aínda non coñecedes aos gañadores e gañadoras da semana pasada??? Pois deámoslle a noraboa ao alumnado de 5ºB por ter acadado a súa segunda medalla!

Deste xeito, chegamos a un empate, pois o equipo de 6ºA está tamén en posesión de dúas condecoracións. Parece que o reto se pon interesante... especialmente sabendo que só nos quedan dúas oportunidades de gañar un novo tanto! Abril será o último mes de concurso, e algunhas mestras do cole xa están a preparar o gran premio final (que será, será...?)

Ánimo a todos e todas nesta recta final, moita sorte!!!Risa

ENLACE AO ÁLBUM DE AULAS GAÑADORAS

O MÓBIL EN IDADE ESCOLAR. PARA QUÉ?

        Dende o equipo de Tic do centro queremos facer fincapé no uso das novas tecnoloxías en nenos e nenas do noso colexio. Recentemente apareceu en Faro de Vigo ...

Proxecto: O Bosque.

 

Neste curso,  dentro do proxecto do bosque,  os nenos e nenas de primeiro traballamos o vocabulario sobre o carballo e as carballeiras.

 

Aprendemos distintas palabras para nomear as landras, os bugallos, toponímia sobre os carballos. Este vocabulario está recollido en distintas zonas de Galicia.

 

Aquí tedes as fotos do resultado deste traballo. Podedes velo no corrredor da nosa aula.

      

Certame Vigueses Distinguidos 2019

O noso colexio vén de recibir un galardón: Vigueses Distinguidos 2019.

Este premio foinos entregado polo Excmo. Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero, o 27 de marzo, véspera da Reconquista, no Teatro García Barbón.

Este é un recoñecemento para as ANPAS, as familias, o profesorado e moitas xeracións de estudantes que durante 46 anos foron instruídos e educados neste centro escolar, contribuíndo á formación dunha cidadanía máis preparada e respectuosa.

Sentímonos moi orgullosos e agradecidos por esta distinción.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut