Skip to Content

blogue deadmin

139 receitas con froita!

E imos chegando á fin deste primeiro Plan Proxecta arredor da alimentación e o consumo de froitas.

Nesta ocasión pechamos xa a nosa proposta de receitarios saudables que con tanto esmero traballastes nos vosos fogares. Para todos e todas vós vai este vídeo como agradecemento!

Enquisa Unintegra (Universidade de Santiago de Compostela)

Estimadas familias, recentemente a Doutora da USC, Mar Lorenzo Moledo púxose en contacto co noso centro para solicitar a nosa colaboración no marco do Proxecto Unintegra que a Universidade de Santiago de Compostela, xunto con outras entidades, está liderando baixo a financiación da Comisión Europea.

Adxuntamos a continuación a comunicación para as familias do centro, de xeito que poidades comprender mellor de que se trata e pregámosvos no nome da devandita institución participedes na enquisa accesible dende o enlace que atoparedes a continuación:

 

Estimado/a pai/nai:

Dirixímonos a vostede para solicitarlle a súa colaboración co fin de levar a cabo unha investigación no marco do Proxecto UNINTEGRA – University leading full and stepwise approach to the integration of refugees (A Universidade á fronte dun enfoque completo e progresivo da integración das persoas refuxiadas), que a Universidade de Santiago de Compostela, xunto a outras entidades, está liderando baixo a financiación da Comisión Europea (https://unintegra.usc.es/index.php).

Este estudo ten como principal obxectivo abordar as necesidades básicas de integración das persoas refuxiadas e establecer un marco normativo en cada comunidade de acollida.

Con este cuestionario o que pretendemos é coñecer o que pensan os/as cidadáns respecto das persoas refuxiadas. Para iso, é moi importante que conteste á información que se lle solicita no cuestionario que lle indicamos máis abaixo.

Lea atentamente as diversas cuestións e seleccione a opción de resposta que lle resulte máis próxima ou que mellor se axuste a súa situación.

Completalo levaralle aproximadamente 10 minutos do seu tempo.

Por favor, prema no seguinte enlace para acceder ao cuestionario:

https://es.surveymonkey.com/r/CAFARE-E

Moitas grazas pola súa colaboración. 

 

O BOSQUE

 

Xa temos, no noso taboleiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os traballos de todos os cursos sobre o vocabulario que traballaron sobre o tema do bosque. Aprendemos moitas palabras, algunhas xa as coñeciamos, pero outras non.

 

É estupendo saber máis sobre os nosos bosques.

 

Aquí tedes o resultado do traballado.

       

 

Almorzos Saudables -marzo e abril 2019-

Como ben sabedes, hai unhas semanas, varias aulas do cole participaron nunha proposta da Consellería de Sanidade enmarcada no desenvolvemento do noso Plan Proxecta: Aliméntate Ben.

Nesta ocasión centrámonos no traballo da importancia de facer un almorzo saudable, de acordo coas necesidades do noso grupo de idade.

A experiencia foi moi positiva, pois todos e todas descubrimos a verdadeira importancia que ten un almorzo adecuado para levar mellor a nosa xornada escolar e render debidamente nas nosas tarefas escolares.

Agardamos que tomarades boa nota para continuar este hábito cada mañá!

Aquí vos deixamos cun vídeo resumo da actividade:

Gañadores finais do reto Aliméntate Ben 2019!!!

Despois dunhas intensas semanas de reto saudable, xa podemos desvelar quenes serán os gañadores e gañadoras do GRAN PREMIO FINAL: o equipo de... 6ºA!!!

MOITOS PARABÉNS EQUIPO!!! 

 

IMG-20190429-092733-BURST1-ANIMATION-2

 

Aquí vos deixamos a canción da Gramola Gominola coa que celebramos o premio:

 

 

 

E, por suposto, moitas grazas a todo o alumnado do centro por participar nesta divertida e saudable proba. Despois de facer un repaso por todo o acontecido dende que comezamos, quedamos con gana de continuar. Agardamos seguir contando convosco na próxima convocatoria!

Moitos parabéns tamén para os equipos de e, especialmente, de 5ºB, por ter demostrado que tamén saben merendar MOI BEN!

*Acceso ao álbum de gañadores AQUÍ.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut