Skip to Content

blogue deadmin

Reciclamos

A importancia de reciclar

O alumnado de 2º empezamos o curso pasado a reciclar o papel que sobraba na aula, deste xeito conseguimos salvar a algunhas das nosas árbores de acabar nunha celulosa.

 

 

   

 

Neste curso, despois de ver como o cambio climático está presente no noso planeta, e estando informados das consecuencias que a contaminación por plásticos provoca nos nosos mares, fixemos un mural para concienciarnos do desastre que trae as toneladas de plásticos que nos rodean.

Sabedores deste grave problema, empezamos a reciclar o plástico que traemos nas nosas merendas.

 

 

Se todos facemos un pequeño esforzo, poderemos conseguir un mundo mellor.

 

 

 

 

              

 

 

 

Material para a aula de EF

Estimadas familias.

O material necesario para a aula de EF consiste nun neceser con xabón, toalla e camiseta limpa.

O alumnado deberá vir a clase coa indumentaria lóxica como é un chándal ou roupa deportiva e unhas zapatillas deportivas.

Atentamente, o mestre.

O noso carballo

O noso carballo vai medrando. Aquí tedes o froito do noso traballo, para que todos nos concienciemos na importancia de ter nos nosos bosques árbores autóctonos.

 

PERIODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS

Estimadas familias;

informamos do horario do período de adaptación do alumnado de 4º de E.I

Benvidos a este novo curso escolar!

REUNIÓN FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS PARA ESTE CURSO 2019-2020

Bos días familias;

Lembramos que o luns 9 de setembro terá lugar unha reunión para todo alumnado matriculado en 4º de Educaión Infantil (3 anos).

Rogamos se é posible que acudades sen nenos/as. 

Moitas grazas, un saúdo.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut