Skip to Content

blogue deadmin

Aliméntate ben: comezamos co reparto da froita! - Día 1

Todo un éxito o almorzo de hoxe familias. Ben ricos que estaban estes AMORODOS! 

Aquí podedes ver aos nenos e nenas de 3 e 4 anos desfrutando da primeira das froitas que repartimos coa axuda do alumnado de 5ºA. E mañá máis! MmmmmmCanso

Gañadores do reto Aliméntate ben! Semana 4

Cómo pasar de isto...

a isto?

CONVERTÉNDOSE NOS NOVOS GAÑADORES E GAÑADORAS DO RETO SEMANAL!!! Menuda sorpresa levaron os nenos e nenas de 4º!!! Parabéns equipo!!!Sorriso 

Acceso ao álbum de gañadores aquí.

ALIMÉNTATE BEN: Reparto de froita.

Queridas familias, a partires deste luns 11 e ata o luns 25 no Coutada-Beade procederemos a repartir as froitas que Frutas Nieves -como empresa distribuidora participante do noso Plan Proxecta- nos entregará durante 10 días para disfrutar entre todo o alumnado do centro.

Lembrade que se trata de fomentar o consumo de alimentos saudables á hora da merenda que se fai no colexio, así que, durante estes 10 días sería xenial que aceptasedes que nos fagamos cargo deste prato!

Tentamos seleccionar froitas variadas para que cada día poidamos desfrutar unha peza diferente. Seguro que entre todos e todas será máis divertido probalas! 

ATENCIÓN: Así mesmo, informamos a todo o alumnado que durante as dúas vindeiras semanas (coincidindo co reparto de froita) o reto por equipos quedará en pausa, para retomalo de novo o día 26 de marzo, agardamos que con máis ganas que nunca Sorriso

O equipo gañador da semana do 25/02 ao 01/03 farase público este luns 11 de marzo (esta semana que remata non será computable por ter só 2 días lectivos, un deles, ademais, con folga).

Quen será, será...??? Aviso, ides levar unha sorpresa! Guay

* Queredes coñecer aos gañadores das pasadas semanas? Tedes acceso ao álbum aquí.

* Tamén imos actualizando os nosos Receitarios Saudables. Podedes acceder ao álbum aquí.

ENTROIDO 2019: O bosque.

Gracias a todos e todas por unha xornada de risas, bailes, chocolate e orellas!!! Deixamos enlace ao álbum das primeiras imaxes do Festival de Entroido (picade na imaxe para acceder):

O Val Encantado

Xuizo ao MECO

Xuizo  ao Meco 2019

 

 

Aquí andamos Meco,

imos celebrar

o Entroido deste ano

e neste lugar.

 

Este ano desexamos

o noso bosque coidar,

non queremos máis incendios,

que as nosas árbores nos vaian arrebatar.

 

No bosque non podemos deixar lixo,

as bolsas que levamos, para a casa han de voltar,

se non coidamos do noso bosque,

non poderemos respirar.

 

Levas moito tempo Meco,

sen coidar das nosas fragas,

deixas que o eucalipto medre

e acabarán ardendo as nosas casas.

 

Queremos que os animais

medren felices entre carballos e castiñeiros,

os eucaliptos, Meco,

halos comer ti enteiros.

Por todos estes motivos

este Meco imos queimar

para que leve co lume

todo o que nos fai tanto mal.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut