Skip to Content

ESCOLA DE TEATRO

 

Neste curso a aula de teatro do noso colexio prepararon unha obra baseada na vida do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Antón Fraguas.

 

A aula de teatro está composta por alumnos e alumnas de 6º de primaria,  dirixidos polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

Esta é unha pequena mostra da interpretación no Festival das Letras Galegas  celebrado no Centro Cultural  da nosa parroquia.

 

A música que escoitaredes no video é unha escolla de pezas dun grupo de gaiteiros que tiñamos, o século pasado, na nosa cidade, os famosos “Morenos de Lavadores”. Un grupo que tocaba en moitísimas festas, romarías, bailes entroidos, innaguracións, concursos e filmes, e que deixou unha fonda pegada nas futuras xeracións de gaiteiros e percusionistas galegos.

FAI CLIC   



Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

blog | by Dr. Radut