Educación física

MÓVETE + _ LETRAS GALEGAS

O 16 de maio realizamos diversas actividades para conmemorar o día das Letras Galegas (17 de maio).

Dende o "Móvete +" preparamos 2 bailes para amosalos nesta data tan significativa. 

 

BÁMINTON _PDC_Proxecta-Xogade

Nas últimas semanas o CEIP Cabada Vázquez está participando no campionato zonal de Bádminton, a través do plan Proxecta-Xogade, dentro do noso PDC (proxecto deportivo de centro).

  • O 30 de abril xogou o alumnado de 3º e 4º.
  • O 2 de maio participou o alumnado de 6º (acompañado por nenos/as de 4º e 5º para completar equipos).

  • O 6 de maio tócalle ao alumnado de 5º.

 

O Alumnado informa que o están a pasar moi ben nestas actividades. Algún ata se prantexa inscribirse no club de bádminton para o próximo curso escolar. Risa

 

ATLETISMO EN PISTA_ PROXECTA_XOGADE

O 14 de febreiro o alumnado de 5º acompañado por nenos e nenas de 4º e 6º participaron nunha convivencia de atletismo en pista, con alumnado doutros centros da contorna. Esta actividade realízase a través do Plan PROXECTA_XOGADE no que estamos inmersos.

 

ENTROIDANDO - PDC_Móvete + - PLAMBE

Nas últimas semanas de febreiro, todo o colexio participou en diferentes actividades relacionadas co entroido e co proxecto de Biblioteca desde curso "A Flora e Fauna da Nosa Contorna:Terra de Montes":

  • Crear disfraces.
  • Preparar un baile (E.I.)
  • Preparar unha regueifa (1º e 2º e 5º e 6º)
  • Crear un rap (3º e 4º)

 

Por outra banda, o 1 de marzo presentamos os nosos traballos ao público. Foi unha xornada especial!

  • Primerio disfrazámonos.
  • Logo camiñamos ata o pobo donde nos esperaban as veciñas e os veciños de Codeseda.
  • A continuación realizamos as diferentes actuacións.
  • Por último, bailamos coas persoas que nos viñeron ver.

DÍA DA PAZ

Con razón do Día da Paz (30 de Xaneiro) realizáronse no colexio diversas actividades ao longo do mes pasado, que remataron cunha representación e un baile no que participou todo o colexio xunto; buscando concienciar ao alumnado de que todas as civilizacións temos elementos comúns como o baile, o deporte ou o xogo.

 

 

 

BAILE DE NADAL - PDC- MÓVETE +

O 21 de decembro realizamos un festival de nadal, entre as actuacións está a de Educación Infantil cun baile afro-brasileiro: o maculele "Boa Noite"

Que ben o fixeron!

Felices Festas!

 

 

Distribuir contido