O verán pasou e despois de tantas semanas sen acompañamento a natureza seguiu facendo o seu traballo no noso patio. As malas herbas gañaron moito espazo e sacábanlle protagonismo ás nosas plantacións polo que decidimos entre todos facer unha limpeza xa a comezos de curso e poder adecentar polo menos as xardineiras da fachada principal e os bancais do horto.
Colaborou desta vez o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e en pouco tempo fixeron un traballo fantástico.
Aínda que o seu día se celebrou o pasado 18 de outubro, no centro puidemos celebrar o Día das Mulleres Escritoras o venres 22 coa visita ao centro de Elvira Ribeiro, autora entre outras de obras como "Ola! Son un bicho bóla!" e coa que fixo pasar un bo rato aos máis pequenos. Aí vos quedan unha pequena mostra do seu paso polas diferentes aulas do centro.
Para celebrar o DÍA DA PAZ os nenos e nenas do Cabada Vázquez vimos cos nosos mestres/as o curto "Sadako y las mil grullas de papel". Despois traballamos moito facendo "grullas" de papel, aínda non chegamos ás 1.000 pero xa nos falta menos...
Podes consultar máis información sobre a historia de Sadako premendo aquí
O pasado martes 28 de abril achegámonos a colexio de "O Foxo" para pasar unha xornada de convivencia cos nenos e nenas do colexio. Pasámolo xenial! Cantamos, vimos obras de teatro e fixemos xogos populares. Esta foi a canción coa que lle agasallamos aos nosos amigos e amigas!
O pasado martes 27 de outubro celebramos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO.
Tivemos exposición de cabazas.
De 1º a 6º participamos no xa tradicional concurso da ANPA para adiviñar o peso de dous calacús.
As aulas de Infantil como aínda non teñen interiorizado o concepto de "peso" elaboraron individualmente, na aula de 4 e 5 anos, debuxos de calacús e os da aula de 3 anos construiron un calacú con castañas.
Recibimos e enviamos postais felicitando o Samaín a outros centros do Concello de A Estrada e por aulas elaboramos contos de medo. Os maiores cantaron un par de cancións que prepararon coa profe Irene para amenizar o magosto.
Queremos felicitar a Hiba por ser a gañadora do concurso "Canta con Maimiño".
Para todos os que aínda non víchedes o ben que canta, aquí tedes a súa interpretación da canción da princesa "Denise" que na versión orixinal é interpretada por Uxía Senlle.
Os días 26 e 27 de xaneiro os alumnos de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria dos centros educativos do concello da Estrada, achegámosnos ao Teatro Principal para ver a película "Maimiño", filme galego-cubano de animación.
A actividade levouse a cabo dende a Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de todos os centros educativos da Estrada "DINAMIZAESTRADA" en colaboración co departamento de Política Lingüística do concello de A Estrada.
Hoxe, xoves 26 de maio, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, serán entregados os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Manuel María debían incluír as palabras ORBALLO e GAIOLA.