Este curso, para conmemorar o día da Muller Traballadora (8 de marzo), tivemos a sorte de que Rosa Herráiz, Rosa de Cabanas para moita xente, aceptase a nosa invitación e viñese ao centro a presentar un fermoso traballo seu. Do 3 ao 17 de marzo, estará exposto na Casa das Letras da Estrada, unha exposición de 52 retratos de mulleres de relevancia en diferentes eidos que a autora elaborou o pasado ano, un por cada semana e usando diferentes técnicas gráficas.
A importancia da exposición garda moita relación coa necesidade de dignificar e divulgar as aportacións destas grandes creadoras, e poder comprender as dificultades e inxustas discriminacións que tiveron que sufrir ao longo das súas vidas profesionais.
Con máis retraso do agardado, publícase a revista escolar deste curso, que coma sempre recolle o relevante deste curso que remata. Ao igual ca no curso pasado, recordade que en moitas das reportaxes adxúntase un enlace a unha videomontaxe relacionada co artigo en cuestión. Esperemos que vos guste, e coas reiteradas desculpas pola demora na súa publicación, desexámosvos a todos unhas boas vacacións de verán. Para o ano máis e mellor!!
O 24 DE OUTUBRO, "Día das Bibliotecas", tivemos a honra de contar coa ilustradora do "Poder máxico do sorriso", Luz Beloso, obra escrita pola nosa compañeira e mestra deste centro Thalía Trotiño González.
Luz Beloso, docente nun centro de secundaria, non puido asistir fisicamente ao noso cole, pero fíxoo a través de videoconferencia, de xeito que puido compartir con todos nós o papel tan importante, das ilustracións dunha obra. Conseguíu que todos reflexionásemos sobre a importancia do debuxo nas nosas vidas e convidounos a practicar todos os días.
Neste curso desde o equipo de biblioteca do centro decidiuse por ofrecer unha proposta novidosa para conmemorar o mes do libro. Como se pode ver no cartel que se adxunta, aparecen catro actividades durante este mes.
O 17 de abril contamos coa visita de María Canosa quen nos contou algúns dos seus secretos á hora de escribir.
O 21 de abril o alumnado de 3º e 4º compartiron lecturas cos máis pequenos do cole.
Neste mes deron comezo os apadriñamentos lectores, polos cales cada neno ou nena de infantil ou 1º e 2º terán un padriño ou madriña que todas as semanas lles lerá un libro.
Esta semana de entroido, visitounos David Otero, escritor e mestre veciño de Codeseda, que coa súa naturalidade e frescura ofreceulle ao alumnado de 1º 2º 3º e 4º , un sinxelo pero ameno obradoiro de poesía.
Acudimos á Festa das Palabras para acompañar aos gañadores e gañadoras desta novena edición do concurso de micropoemas e microrrelatos na que participan todos os centros educativos da Estrada.
Por fin puidemos asistir sen restricións a un acto moi bonito. PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!!!
O 18 de xaneiro levamos a cabo a actividade sobre as aves para o segundo trimestre. Contamos con Alouette machine.
Alouette Machine é unha imprenta itinerante que traballa coa Tipografía, recuperando esta técnica artesanal mediante obradoiros e mostras de como funciona. Traballamos «Os superpoderes das aves», coa