O curso chegou ao seu fin e quixemos despedirnos con xogos organizados polos nenos e nenas de quinto de primaria. Con este video, despedímonos dun curso cheo de cousas novas, no que aprendimos un montón e gozamos no proceso.
O claustro de mestres e mestras deséxavos unhas felices vacacións.
Para rematar o curso, os alumnos e alumnas de cuarto decidimos montar unha pequena festiña. Para iso, decidimos montar as nosas particulares salas de festa robóticas! Party party!
Aqui temos a revista O Balcón do Val Miñor deste curso, cos artigos relacionados co cine realizados polo alumnado do centro e a maquetación da revista a cargo da mestra Olalla.
Este venres realizamos a Excursión cos actores e actrices do Musical ,polo seu fantástico traballo. Pasamos unha mañá de probas e actividades en Humor amarillo, onde gozamos un montón. Grazas pola vosa participación no musical e polo voso enorme traballo!!!
O pasado xoves, en Belesar, montamos o noso propio cine! Todo o colexio colaborou e participou, tamén os alumnos de cuarto e quinto de primaria, que fabricaron uns lectores de entradas para as salas. Quedou todo xenial!
O pasado venres tivemos as xornadas dos Xogos Populares organizadas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Val Miñor. O alumnado de 4º de primaria, gozou cunha mañá chea de xogos e doutros compañeiros e compañeiras do Val Miñor.