Skip to Content

Robotizando Belesar III

Para rematar o curso, os alumnos e alumnas de cuarto decidimos montar unha pequena festiña. Para iso, decidimos montar as nosas particulares salas de festa robóticas! Party party!

Listaxe definitiva libros de texto

Axuntamos lista definitiva de libros de texto para o vindeiro curso 2019/2020

Saúdos de Paio e Aurelio

Paio e Aurelio saudan ao alumnado do cole, polo seu video! Moitas grazas e a soñar cos contos!!

Revista O Balcón do Val Miñor 2019

Aqui temos a revista O Balcón do Val Miñor deste curso, cos artigos relacionados co cine realizados polo alumnado do centro e a maquetación da revista a cargo da mestra Olalla.

Quedou de cine! Noraboa!

Excursión Musical

Este venres realizamos a Excursión cos actores e actrices do Musical ,polo seu fantástico traballo. Pasamos unha mañá de probas e actividades en Humor amarillo, onde gozamos un montón. Grazas pola vosa participación no musical e polo voso enorme traballo!!!

Belecine

O pasado xoves, en Belesar, montamos o noso propio cine! Todo o colexio colaborou e participou, tamén os alumnos de cuarto e quinto de primaria, que fabricaron uns lectores de entradas para as salas. Quedou todo xenial!

 

Xogos populares no Val Miñor

O pasado venres tivemos as xornadas dos Xogos Populares organizadas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Val Miñor. O alumnado de 4º de primaria, gozou cunha mañá chea de xogos e doutros compañeiros e compañeiras do Val Miñor.

Semana Cultural 2019

Xa están aquí as actuacións enteiriñas da Semana Cultural. Disfrutade dos artistazas que temos no colexio e, xa sabedes, para o ano máis e mellor!

 

Mención especial no IV Concurso Ollo de Vidro

Estamos de noraboa porque acadamos unha mención especial no IV Concurso Ollo de Vidro, co video Espertando soños, realizado co alumnado de 1º e 2º de `primaria. Recollemos o premio o pasado mércores no Festival de cans.

Maios de cine en Belesar

Hoxe festexamos os maios no cole de Belesar e todo o arrecendo a fiuncho, encheu o cole. Flores que se transformaron en colares, pulsares e nunha alfombra de cine!

Distribuir contenido


by Dr. Radut