Skip to Content

Poesia, música e fotografia

Un proxecto de Poesía, música e Fotografía chegoua nosa clase de 5º de Primaria.

Co nome de Noctiluca, a poetisa Bea López Jerez transportounos o mundo da beleza das palabras e sentimentos.

Aqui podedes ver unha mostra.

 

Poesía en 5º de Primaria

O mes de novembro estivo cargado de poesia no Ceip Belesar. O alumnado de 5 e 6 de Primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro co poeta David Fernández Rivera, onde nos abríu a porta a poesia visual e caligramas. O vindeiro luns 10 de decembro, acudiremos a inauguración dunha poesia visual súa no Concello de Baiona e presentaremos as obras conxuntas que fixemos nas aulas.

Adeus á violencia de xénero

O alumnado de Infantil e Primaria realizou un video mostrando a súa repulsa á violencia de xénero, adaptando un poema da poeta galega Rosalía de Castro , no que expresan o seu adeus á violencia.

Esta é a nosa homenaxe o 25 de novembro

Xogos tranquilos

Cando chove facemos os recreos no patio cuberto central, a maioría dos nenos xogan ao brilé, baloncesto, a facer piruetas, o pilla pilla...outros atopábanse máis perdidos. Para solucionar isto habilitamos tanto para Infantil como para Primaria a zona de biblioteca e informática para que vaian voluntariamente e xoguen alí a distintos xogos que teñen nunha estantería.

Hoxe foi a estrea da zona tranquila e foi todo un éxito, agora os nenos/as están desexando que chova!!!

Plantación

Onte os alumnos de 1º e 6º xuntáronse para facer a plantación dos seus futuros carballos e castiñeiros.

FESTIVAL DE SAMAÍN-HALLOWEEN

HOXE CELEBRAMOS O FESTIVAL DE SAMAÍN-HALLOWEEN NO NOSO COLE. ESTE VÍDEO AMOSA O BEN QUE O PASAMOS TOD@S!!!

 

 

 

Vinde xogar con nós

Esta é a curtametraxe que fixeron os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria por Samain.

Noraboa a todos!

 

Ven xogar con nós

Durante estos días, o cole de Belesar transformouse nun escenario de medo, onde o alumnado de 5º e 6º de primaria rodou unha curta para festexar Samain. No guión, escrito por Cecilia e Carlota, os alumnos e alumnas maiores terán que averiguar que pasa no cole.

Trememos coas suas actuacións!

Aquí tedes o trailer e ao longo da mañá faremos a estrea da curta.

Felíz Samain!

Carreira solidaria Fundacion "Unoentrecienmil"

O venres foi un día especial para nós, porque participamos na Carreira solidaria da Fundación "Unoentrecienmil", para recaudar fondos en prol da investigación da leucemia infantil.

Alumnado, familias e mestres participaron na carreira, desexando avanzar neste campo.

Grazas pola vosa participación.

 

 

Magosto

Hoxe tivemos un día estupendo para celebrar o Magosto, que ben o pasamos!

Distribuir contenido


by Dr. Radut