Skip to Content

Plan Dixital

Luns 26 de setembro. Festivo local

Primeiro día de cole

O noso primeiro día de cole foi xenial, se non estiveches para velo aquí deixamos un vídeo resumo!

Feliz curso 2022/2023!

 

Curso 2023/2024

 

 

Lista de libros definitiva curso 2022/2023

Bo día familias,

adxuntamos listado de libros definitiva para o vindeiro curso.

Plan B á excursión de fin de curso

Bo día familias,

por mor das inclemencias meteorolóxicas vémonos obrigados a cancelar a excursión de fin de curso ao Monte Aloia, pero temos preparado un plan B Risa

O luns o alumnado virá ao centro como cada día e levaremos a cabo diferentes actividades:

- Visionado obra de teatro aula de 5 anos.

- Sesión de cine: temos 6 salas de cine preparadas para que o alumnado escolle a súa película preferida.

- Pícnic: cada neno traerá a súa comida e xuntos, en familia Belesar, gozaremos dun magnífico pícnic

- Karaoke

 

Remataremos ás 16.00h, hora a que teredes que vir a recoller os nenos/as.

 

Preguntas:

- Hai transporte escolar? Para subir ao cole si, para baixar non, xa que rematamos ás 16.00h.

- Hai servizo de comedor? Non, posto que cada neno/a traerá a súa propia comida para o picnic.

- Hai que levar comida para un mesmo ou para compartir? Comida para o neno/a.

 

Grazas a todos e feliz finde familias!

Equipo directivo

Semana Cultural. Día 4

Pois xa rematou a Semana Cultural, coma sempre cargadiña de talento!

Aquí tedes o vídeo das actuacións do venres!

Semana Cultural. Día 3

Xa imos polo terceiro día da nosa Semana Cultural, esperemos que a esteades gozando dela tanto coma nós.

Aquí vai o vídeo das actuacións de hoxe!

 

Semana Cultural. Día 2

Hoxe festexamos o segundo día da Semana Cultural onde os violíns foron os protagonistas!

Deixamos o vídeo para que gocedes deste día tan especial!

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut