Skip to Content

Festipaz 23

O pasado mércores 1 de febreiro xuntámonos para celebrar o Festipaz!

Esperamos que gocedes del!

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o pasado día 16 de xaneiro de 2023 comezaron os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. No noso caso o centro adscrito é o CPI Cova Terreña.

 

O prazo de solicitude abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Graduacións curso 2021/2022

Tiñamos pendente de editar e publicar os vídeos das graduacións do curso pasado, e por fin xa están listo para gozar deles!

Graduación 6º de Educación Infantil


Graduación 6º de Educación Primaria

 

Festival de Inverno

Xa temos o vídeo do Festival de Inverno, esperamos que gocedes del!

Faro de Vigo (09/12/2022): Se buscan abuelos con algo que contar en Belesar

O xornal Faro de Vigo faise eco da nosa busca de persoas maiores que nos conten historias!

Nota de prensa: O colexio de Belesar na recuperación do vínculo xeracional

Belesar, 21 de Novembro de 2022

Presentan o proxecto “Os camiños da memoria”

O colexio de Belesar en Baiona acaba de dar a coñecer o seu Proxecto Documental Integrado “Belesar, Camiños da memoria”. O seu obxectivo é vincular ao alumnado coas persoas maiores da contorna a través das súas historias, creando logo rutas polos lugares onde estas sucederon.

A primeira fase do proxecto, para a que acaban de lanzar un vídeo publicitario, consistirá en localizar persoas maiores dispostas a ser entrevistadas e gravadas en vídeo contando as súas historias e anécdotas da xuventude.

No centro estarán as próximas catro semanas publicitando o proxecto para captar o máximo número de historias posibles.

A iniciativa, dinamizada dende a biblioteca escolar e que vai ser levada a cabo polo alumnado, rematará coa creación dos “Camiños da memoria”. Estes serán diferentes rutas pola contorna de Belesar onde a persoa camiñante, a través de códigos QR, poderá visualizar co seu móvil aos protagonistas das historias que alí sucederon hai máis de 60 anos.

Ademáis, organizarán unha exposición co resultado do traballo realizado e completarán este traballo de recuperación do vinculo xeracional coa creación de cartéis con “consellos de vida”, onde aparecerán, ademáis, os nenos e nenas xunto coa persoa maior que regala ese consello.

Agardamos a túa historia!

O colexio de Belesar na recuperación do vínculo xeracional

Presentan o proxecto “Os camiños da memoria”

O colexio de Belesar en Baiona acaba de dar a coñecer o seu Proxecto Documental Integrado “Belesar, Camiños da memoria”. O seu obxectivo é vincular ao alumnado coas persoas maiores da contorna a través das súas historias, creando logo rutas polos lugares onde estas sucederon.

A primeira fase do proxecto, para a que acaban de lanzar un vídeo publicitario, consistirá en localizar persoas maiores dispostas a ser entrevistadas e gravadas en vídeo contando as súas historias e anécdotas da xuventude.

No centro estarán as próximas catro semanas publicitando o proxecto para captar o máximo número de historias posibles.

A iniciativa, dinamizada dende a biblioteca escolar e que vai ser levada a cabo polo alumnado, rematará coa creación dos “Camiños da memoria”. Estes serán diferentes rutas pola contorna de Belesar onde a persoa camiñante, a través de códigos QR, poderá visualizar co seu móbil aos protagonistas das historias que alí sucederon hai máis de 60 anos.

Ademais, organizarán unha exposición co resultado do traballo realizado e completarán este traballo de recuperación do vinculo xeracional coa creación de carteis con “consellos de vida”, onde aparecerán, ademáis, os nenos e nenas xunto coa persoa maior que regala ese consello.

Toda a información do proxecto será recollida na páxina web xa creada para a ocasión

www.caminosdamemoria.com

 

Samaín 2022

O pasado 26 e 27 de outubro festexamos o Samaín no cole. O 26 tivemos a marabillosa visita de Brais das Hortas cos seus "Contos para caghar patatillas" e o 27 organizamos no centro obradoiros de cociña terrorífica.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut