NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar no DOG a  ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Nesta orde apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. Se queredes consultar a orde clicade aquí

Para máis información consultade en http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558

 

Celebramos o Samagostín!!

Aínda que o tempo non acompañou moito, hoxe celebramos o Samagostín. Un montón de monstruos encheron o cole e comeron castañas quentiñas. 

 
Podedes descargar as fotos aquí.

Apertura de biblioteca curso 2015-16

O pasado día 28 de outubro tivo lugar o acto de apertura da biblioteca. Xa podedes ir, tanto alumn@s como familias, polas tardes a visitar a biblioteca e coller libros.

O noso cole no xornal.

Os nenos e nenas de infantil saen hoxe en La Voz de Galicia, onde se conta o traballo que están levando a cabo con distintos robots educativos.

Aquí tedes o enlace á noticia

 

Exposición de animais de Outono.

No corredor da entrada principal do cole está aloxada a exposición de animais feitos con materiais propios do outono promovida polo equipo do laboratorio do centro. Poderedes atopar todo tipo de animais e construccións feitas con folllas, polas, froitos... que amosan a gran imaxinación que teñen os nosos alumnos e alumnas e as súas familias. Non deixedes de visitala!!

Unidade didáctica sobre tenis.

Os dous mestres de Educación Física (Rafa e Marcos) están levando a cabo unha unidade didáctica sobre o tenis con alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria. Durante tres semanas os alumnos e alumnas aprenderán a técnica deste deporte, como agarrar a raqueta e os distintos movementos que se poden facer con ela. A última semana visitará o centro un mestre de tenis das pistas de Samil para facer unha masterclass cos alumnos e alumnas. 

Os máis pequenos do cole xa teñen o seu blogue de aula!!

Os alumnos de 4º de Educación Infantil, os máis pequenos do cole, inauguraron esta semana o seu blogue de aula, onde amosaran o ben que que o pasan no cole e o moito que aprenden. Non dubidedes en visitar http://ospequenosvagalumes.blogspot.com.es/

Axudas do concello para os alumnos de educación infantil para a adquisición de material escolar.

Xa están concedidas as axudas de material escolar para os alumnos de educación infantil. Aqueles que a solicitaron e lla concederon deberán achegar o documento xustificativo de gasto de material ao titor/titora correspondente para a súa validación, e posteriormente presentalo no concello. Para consultar os listados ou máis información consultar no concello.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Convócase ás familias do alumnado de 3º e 5º de primaria do curso 2015/16 a unha reunión no centro o vindeiro MARTES 8 de setembro ás 13:00h. para explicarlles como se vai facer co tema dos libros de texto neste cursos.

 

 

Exposición de galegas ilustres.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron unha exposición de carteis con códigos QR adicados a figura de distintas mulleres galegas que destacan en distintos campos.
Ao ler o código QR se accede a un vídeo feito coa app ChatterPix onde cada protagonista do cartel conta a súa historia.
Para ver o resto de vídeos premer aquí.
Distribuir contido

Back to top