Un mundo de sellos.

Entre os días 4 e 8 de abril tivo lugar no noso centro a Exposición: El mundo de los sellos. Durante eses catro días montouse na biblioteca do centro unha aula filatélica onde todos os nenos de primaria disfrutaron dunha sesión de ao menos 50 minutos onde puideron traballar de forma moi amena e divertida sobre o apaisoante mundo da filatelia. Estas sesións foron dirixidas por Juan Carlos, un monitor nacional que fixo as delicias de todos os nenos e nenas coa súa disposición e bo humor. Ademáis, os corredores enchéronse de vitrinas con selos, traxes de carteiros e demáis material interesante relacionados cos selos.

Esta exposición estivo organizada por FESOFI, e contou con patrocinio de correos. Todos os nenos e nenas asistentes puideron recibiron agasallos por participar.

Ademáis, os días 5 e 6 pola tarde puidéronse achegar a exposición xente allea ao centro, xa que se fixeron xornadas de portas abertas e obradoiros para todas as idades.

 

El mundo de los sellos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Dentro das actividades da exposición, destacamos a realización dun concurso onde se escolleron debuxos e creacións para crear varios selos de curso legal; dous representativos do noso centro e outro sobre a nosa cidade: Vigo. O último día realizouse un acto onde se presentaron eses selos, e os autores foron premiados con agasallos. A dito acto asistiron o Alcalde de Vigo Abel Caballero, a Conselleira de Educación Olga Suárez, así como outras autoridades como o Presidente e vicepresidente da sociedade galega filatélica de correos e o director da sucursal de correos de Balaídos.

Esta exposición foi a primeira vez que visitou un centro educativo da provincia de Pontevedra, e os medios de comunicación como o Atlántico Diario, o Faro de Vigo  ou o Xornal Vigo.org fixéronse eco da noticia.

Podedes ver máis fotos da exposición premendo aquí.

Back to top