Polos creativos

Espazo adicado a todas actividades e propostas realizadas no Polo Creativo do noso centro.

O noso Polo Creativo!!

Este curso o noso centro habilitou un novo espazo adicado ao desenvolvemento da creatividade a través do emprego de diferentes ferramentas tecnolóxicas (non necesariamente dixitais). O antigo laboratorio converteuse nun Polo Creativo, dotado cun equipamento que permitirá ao alumando de todo o centro desenvolver ao máximo as súas habilidades creativas. Atopamos dende impresoras 3D, lápices 3D, plotter de corte para facer manualidades, equipos informáticos para programar en Scrtach, tablets para traballar con realidade aumentada, robots e pezas de hardware de diferentes tipos, ata máquina de chapas, pezas de construcción de madeira e magnéticas, equipos de grabación de vídeo, estación de radio... e moito máis! Ao longo do curso iremos compartindo neste espazo as actividades que se van realizando no noso proxecto STEAM Balaídos.

Traballo do alumnado de 1º con Nezzha e Microbit

O alumnado participante do obradoiro Zendal de primero de primaria realizou un prototipo de coche que funciona con pontenciómetro para regular a súa velocidade. Para iso empregaron a Microbit co pack de extensión Nezzha.

Actividades de impresión 3D no Polo Creativo

Ao longo do terceiro trimestre pusemos a traballar as impresoras 3D do Polo Creativo para imprimir diferentes figuras e formas que se empregaron en distintos proxectos nas aulas de primaria.

 

Enriquecemento curricular. Salvemos o amazonas.

Unha alumna de 5º de EP. dentro do obradoiro Zendal de altas capacidades realizou un traballo sobre o impacto ambiental que está sufrindo o Amazonas debido a acción humana e o cambio climático. Empregou diferentes técnicas e ferramentas como o diseño dixital de logotipos, o debuxo empregando lápices 3D, a elaboración de chapas e a búsqueda de información.

 

Reinterpretando obras de arte coa Intelixencia Artificial

O alumnado de 6º de EP realizou unha situación de aprendizaxe na que tiveron que descubrir diferentes datos dunha obra de arte contemporánea para logo facer unha reinterpretación actual desa obra empregando unha IA xenerativa.

Aprendendo as direccións en inglés co True True

Na clase de Inglés de 4º de Primaria o alumnado estivo aprendendo a dar indicacións grazas ao uso do robot True True e as súas tarxetas de comandos.

Os estados da materia

O alumnado de 3º de EP realizou diferentes experimentos para comprobar os distintos estados da materia. Empregaron os robots Mbot e os sensores de temperatura para comprobar en que condicións se producen cambios na materia.

Paneis interactivos empregando a placa Tecla a tecla

O alumnado de 6º de EP, dentro do área de ciencias no tema do corpo humano, realizou uns paneis interactivos empregando as placas Tecla a Tecla.

Reto da Ponte.

Unha alumna de 5º de EP integrante do obradoiro Zendal de enrriquecemento curricular realizou un proxecto de deseño dunha ponte seguindo o reto proposto polo CFR de VIGO e o CAFI de Santiago. A alumna tivo que analizar unhas pezas que estaban defectuosas para logo imprimir na 3D as pezas correctas e montar a estructura correcta coas pezas de Kappla.

NutriReto

O alumnado de sexto de primaria empregou as tablets do Polo Creativo para levar a cabo unha campaña de alimentación saúdable.

 

Distribuir contido

Back to top