Igualdade.

25 NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

 

25 NOVEMBRO:DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Este curso quixemos incidir, ademais das situacións de violencia explicita que todas e todos recoñecemos fácilmente, nas formas cotidianas de exercer a violencia en nenas e adolescentes que se asumen como normais na sociedade e que aínda hoxe en día acéptanse socialmente.Micromachismos que en moitos casos son igualmente violentos e perigosos.
 
Estas accións violentas as acompañamos de pictogramas para que a mensaxe chegue a todas e todos.
 

8 M, PON OS LENTES VIOLETAS

Os lentes violetas son unha metáfora para explicar como se ve a vida con perspectiva de xénero, e dicir, proporcionar unha mirada crítica para descubrir as desigualdades entre homes e mulleres no día a día.
 
Co lema "Pon os lentes violetas para ver as desigualdades entre homes e mulleres" no mes de marzo realizamos diferentes actividades. 
 
 
" Pon os lentes violetas (para cambiar os titulares de prensa)": En educación infantil contamos o número de homes e de mulleres que aparecen nas fotografías que acompañan as noticias. En educación primaria analizamos titulares de prensa e tras a reflexión da mensaxe que lanzan e onde identifican o sexismo, redactaron titulares alternativos non discriminatorios que representan a mensaxe real.
 
Obradoiro de contrapublicidade feminista" impartido por A Morada ao alumnado de 6º de primaria. Despois da análise e reflexión sobre a imaxe das mulleres na publicidade compuseron colectivamente anuncios contrapublicitarios mediante a colaxe colectiva.
 
Desde peques moi diverXos": obradoiro de diversidade afectivo-sexual, de xénero e familias, impartido pola Asociación Nós Mesmas ao alumnado de 1º, 3º e 5º de primaria.
 
Visita do Comando Igualdade, do IES Alexandre Bóveda, para contarnos a súa experiencia.
 

CONMEMORACIÓN 25 N

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, levamos a cabo na escola accións de sensibilización e prevención de todas as formas de vioLeoncia contra as mulleres e a importancia de alcanzar a igualdade total.

Esta ano inspirámonos na canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras para elaborar os carteis e deixar os nosos lemas e imaxes de repulsa nas ventás.

Ademáis contamos coa colaboración do alumnado de 6º, 5º e 4º de primaria que leron aos seus compañeiros e compañeiras do cole contos pola igualdade e contra a violencia de xénero.

 

8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, 8 de marzo, día da muller traballadora, dende o Ceip Balaidos queremos homenaxear esta data facendo a nosa representación dunha imaxe icónica deste día:

 

Aquí está o noso video:

EVA CASAIS

Este ano traballamos no cole á ilustradora Eva Casais. Hoxe tivemos a sorte de que veu visitarnos e levou a cabo o mural que nos fai na fachada do cole. Baixamos en tandas para facernos unha foto con ela diante do mural que ela comezou e que rematarán os alumnos do cole. Vai quedar espectacular!!!!

 

25 de novembro

O día 25 de novembro traballamos no cole o dia contra a violencia de xénero

https://youtu.be/ji1BvSPmdIg

 

 

 

 

 

 

Visita da Asociación Nós memas

Estas semanas recibimos a visita da Asociación Nos Mesmas.

Queres saber o que fixemos con elas??

Pincha no link.

 

 

http://lareiradixital.blogspot.com/2021/04/carabarco-piratrans.html

8 de marzo día da Muller

O dia 8 de marzo celébrase o día da Muller.

Este ano no cole investigamos sobre mulleres que para nós son heroinas pola súa loita e traballo durante a súa vida.

Dia das escritoras

O día 15 de outubro celébrase o día das escritoras.

Adiviña que dúas escritoroas lembramos hoxe!!!

 

 

Distribuir contido

Back to top