Axudas libros de texto e material da xunta de Galicia

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 

 

Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica 

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital  ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [].
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

Aquí tedes o enlace con toda a información

fondolibros (xunta.gal)

ADMISION ALUMNADO CURSO 2024/2025

Comunicamos que todo o alumnado que solicitou praza no Ceip Balaidos para o próximo curso 24/25 obtivo a súa praza e está admitido no centro educativo.

ACTIVIDADE DE CANTACONTOS DA ESCOLA kAIROS

A Academia Kairos cantounos uns contos moi divertidos, facendo participes aos nen@s.

Visita da escritora Sabela Fernández

O alumando de segundo traballou o libro: Que queres ser de maior,pequena?

Pasamos un rato moi agradable coa autora que nos fixo voar a nosa imaxinación!

Visita da escritora Sabela Fernández

1º Primaria visita ao aeroporto

As nenas e nenos de primeiro visitan o aeroporto!

Viron despegar un avión, estiveron co equipo de bombeiros e moitas aventuras mais!

1º Primaria visita ao aeroporto

1º Ciclo foi a horta

O primeiro ciclo do cole foi a hora a plantar leitugas.

1º Ciclo foi a horta

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

A continuación poden consultar o Plan de Benestar Emocional do Ceip Balaidos.

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

DÍA DO LIBRO

Para celebrar este día @s nen@s do colexio maiores amadriñan e apadriñan @s pequenos e lles len un conto.

Obradoiro sobre a auga

O alumnado do primeiro ciclo fixo un obradoiro a mans de augas de Galicia

Obradoiro sobre a auga

Excursión ó parque de Castrelos

Aproveitando o bo tempo os nenos e nenas de educación infantil, foron camiñando ata o parque de Castrelos.

Distribuir contido

Back to top