Plan Dixital
Plan Dixital do Ceip Balaídos
Aquí podedes consultar o Plan dixital do noso centro. Xorde coma resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá. Busca adoitar un enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente. Pretende acadar a transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente. (Pulsade aquí para acceder a el)
O Plan Dixital do Ceip Balaídos.
O noso centro comeza as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022.
Para a elaboración do Plan Dixital teranse en conta os principios, obxectivos e referentes que a
continuación se indican:
a) A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá.
b) O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente.
c) A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.