Patios dinámicos

Xa xogamos todas e todos no noso patio dinámico!

O alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º comezou a xogar no patio o pasado luns, como xa o facían as compañeiros e compañeiros de primeiro ciclo e infantil. Atrás quedan meses de restriccións por causa do covid. Agardemos que este respiro sexa o definitivo. Para o segundo e terceiro ciclo, a Comisión de Patios Dinámicos oferta un total de 22 xogos distribuidos en catro zonas, que se turnan cada día da semana.
Por fin reiniciamos en certa medida, cun dos proxectos máis valorados polo noso alumnado: PROXECTO DO XOGO EN TEMPO DE RECREOS.

POR FIN, VOLVEMOS DINAMIZAR OS RECREOS!

Transcorridos case dous anos do inicio da pandemia Covid, que fixo tomar medidas sanitarias e de seguridade excepcionais no Colexio BALAÍDOS, volvemos recuperar un dos nosos proxectos máis valorados polo alumnado: OS PATIOS DINÁMICOS. Un proxecto que comezou no 2017, que trouxo o xogo e a música aos nosos patios.
Pero, temos que ir a modiño, organizando moi ben a volta. Así que o equipo de mestres e mestras encargados da posta en marcha desde proxecto decidimos comezar polo primero ciclo (1º e 2º de EP). Os demais cursos axiña han volver tamén xogar e gozar da oferta lúdica doutrora.
ESTAMOS MOI LEDOS E LEDAS DE VOLVER !!! PACIENCIA E GOZO!
 
 

PATIOS DINÁMICOS: Strauss ambienta o tempo de recreo en Decembro.

Tras Vivaldi e Saint Saëns, chega un novo mes e o Proxecto de Dinamización de Patio ambienta as subidas e baixadas ao tempo de recreo, con dúas novas melodías: (clicade na imaxe e escoitarédelas)

  • O DANUBIO AZUL de Johann Strauss (fillo)
  • A MARCHA RADETZKY de Johann Strauss (pai)

 

A proposta lúdica continúa a dar os seus froitos, e a oferta variada de xogos converte o recreo nun lugar de lecer tanto en tempo seco coma mollado.

A choiva destes días posibilitou pór a proba a opción PATIO EN MOLLADO onde xogos de mesa e xadrez, zona de pintar e colorear, zona de aros, de trompo, de cordas, de paseo e bolera fan posible que se poida xogar en pouco espazo, respectando aos compañeiros.

Antes, en cursos pasados, a única opción era pasear baixo os cubertos, correr e facer perigoso o recreo para a integridade física do alumnado (sobre todo dos máis pequenos).

Polo de agora, a Comisión Docente de Patio Dinámico está satisfeita cos pasos dados.

Agora xa se achega un novo trimestre e unha nova proposta.

Informaremos!

A MÚSICA CLÁSICA CHEGA AO NOSO TEMPO DE RECREO PARA QUEDARSE!

Si! Afirmativo!

Coa chegada dunha nova proposta lúdica (a terceira), froito da recolleita dos resultados da enquisa pasada a todo o alumnado e profesorado de Primaria sobre cales eran os xogos máis apetecibles e que mellor podían encher este tempo de recreo do cole de Balaídos, tamén facemos realidade un dos obxectivos proxectados no comezo de curso pola Comisión Dinamizadora de Patios: a PRESENZA DA MÚSICA CLÁSICA.

Dende esta semana, e xa diariamente, o alumnado sairá ao patio escolar nos recreos (e voltará ás aulas, rematado este) ao son de fermosas pezas da musica clásica universal. Isto non sería posible se non contasemos coa colaboración da mestra de Educación Musical, Bea, quen foi e será a encargada de procurar aquelas pezas e fragmentos musicais máis acaídos á idade dos nosos nenos e nenas.

Cada mes iremos cambiando os compositores e músicos. Neste mes de Novembro escolleu Bea, a VIVALDI E SAINT-SAËNS.

Aquí vos deixamos os carteis e se pinchades neles podeeredes escoitar as pezas musicais: "O outono" de Vivaldi, e "O entroido dos animais" de Saint-Saëns.

 

Proxecto "outro patio é posible"__UNHA SEMANA DE PATIO ESCOLAR "EN MOLLADO"

Nesta semana o PATIO ESCOLAR vivenciou a súa versión “EN MOLLADO” (a choiva acompañounos os cinco días). A Comisión Docente de Patio puxo en práctica unha oferta e  distribución de espazos que deu un bo resultado, e que pendente dunha valoración en profundidade, non defraudou. Cómpre mellorala! Pois como todos ben sabemos o anteproxecto “OUTRO PATIO É POSIBLE. NO PATIO DE XOGO DIVERTÍMONOS TOD@S” vai medrando e correxíndose porposta a proposta, escoitando sempre á comunidade escolar.

Vaiamos pois ao PATIO “EN MOLLADO”:

Condicionado polo espazo que non supera o 30% da superficie total de patio nos días secos, a distribución foi a seguinte:

  • No ximnasio xogaron o alumnado de 1º nivel, o resto de nen@s distribuíronse nos cubertos onde se lles ofertaron xogos BOLBORETA (de libre elección) con xogos que implicasen desprazamentos curtos e evitasen accidentes.
  • 3 zonas: unha con xogos de mesa (parchís, oca, damas, xadrez) con posibilidade de xogo para 50 alumnos; outra zona, de bibliopatio, onde se podía ler e charlar, con aforo de 20 alumnos; outra zona, recén estreada, de Debuxo con Ceras con posibilidade de xogo para 20 alumnos; outra ampla zona para lanzamento de Trompos e Yo-yós (cincuenta unidades); e unha, de combas individuais e zancos.
  • Existindo sempre a liberdade total de non xogar a xogos BOLBORETA e facer, paseo e xogo libre (sempre e cando non puxese en perigo ao resto de compañeir@s).

Deixámosvos algunha foto, ollade!

Máis fotos aquí: https://drive.google.com/open?id=1-6ltV32buIK2qLlngp_U4_RBpIszc7BJ

E a ver se hai sorte e volta o veraniño de San Martiño!!!!!

Xógase máis e mellor EN SECO  ca EN MOLLADO, nos recreos co colexio Balaídos.

 

     

Valoración Proxecto Patios.- Cuestionario Alumnos

Clica na seguinte imaxe para acceder ao cuestionario.

Grazas pola participación, a túa opinión é moi importante!

 

PATIO DINÁMICO_MES DE OUTUBRO: o xogo tradicional.

A segunda PROPOSTA LÚDICA do noso Proxecto

"OUTRO PATIO É POSIBLE. No patio de xogos divertímonos tod@s",

para este mes de outubro está sendo O XOGO TRADICIONAL,

aquel que vén herdado de xeración en xeración e que moitas veces non se practica por descoñecemento.

Os Patios dinámicos, neste mes de outubro, serven de preludio á primeira festividade escolar en PATIO: o Magosto. Máis ben, O SAMAGOSTÍN, pois o patio énchese, dende hai varios anos, no último día de mes, de castañas e personaxes terroríficos. Animado con xogos tradicionais e música.

No seguinte video tendes unha visión do que foi a oferta de xogos tradicionais:

- TROMPO - CARREIRA DE RODAS - CARREIRA DE GARRAFAS - CARREIRA DE SACOS - OS TRES PÉS - OS ZANCOS - GUÍA DO ARO - A CMBA - O TIRO DE CORDA - A GOMA ELÁSTICA -A CARRERIRA DE PIÑAS - O PAÑUELITO - A PETANCA - AS CANICAS - O CARACOL -

E estreamos unha sección de BIBLIOPATIO, onde se poden ler comics, xornais, revistas...

Tamén continuamos coa sección de XOGOS DE MESA con oca e parchís.

Estamos a proceder esta semana a coñecer o parecer do alumnado sobre as dúas ofertas lúdicas que veñen de vivenciar en setembro (XOGOS DE BENVIDA) e outubro (XOGOS TRADICIONAIS), co obxectivo de que a seguinte proposta e sucesivas sexan o máis integradoras e diversificadas posible para que ninguén quede sen xogar, sen gozar do tempo de recreo.

NO COLEXIO CREMOS QUE ESTE É O BO CAMIÑO !!!!!! 

E VÓS QUE OPINADES ????

 

 

PROXECTO: NO PATIO DE XOGOS, DIVERTÍMONOS TOD@S!

Aquí podedes ver unha videomontaxe sobre o cambio que vén de acontecer no patio escolar, no tempo de RECREO. Os primeiros vinte días o patio ofertou un total de 24 XOGOS DE BENVIDA.

Neste mes de outubro comeza a segunda proposta: XOGOS TRADICIONAIS. Como preludio do Samagostín que chegará no remate deste mes.

 

 Pero.... POR QUÉ UNHA NOVA PROPOSTA DOS RECREOS????Sorprendido

O novo curso trouxo cambios na organización e oferta do PATIO ESCOLAR, o lugar máis prezado polo noso alumnado, onde se sae gozar dun tempo de merenda e lecer.

Partimos dun dos lemas das Cidades Educadoras referíndose á importancia da educación informal: “Educar para o tempo libre, tamén é educar”. Os patios escolares deben contribuir a iso, sendo o máis interactivos posibles. Sendo o máis racionais no seu aproveitamento, o máis coeducativos no tocante a xénero, o máis inclusivos, e o máis integradores e acolledores.

 Na sociedade actual os noso fillos e fillas descoñecen a variedade e a orixe do mundo lúdico. Fáltanlles vivenzas que lles posibiliten ser quen de elexir. Niso tamén temos a nosa responsabilidade o mundo adulto.

O proxecto dálle a palabra ao alumnado. Leva por título:

“No PATIO DE XOGO, divertímonos tod@s”

Outro PATIO é POSIBLE!

Trátase de dinamizar o patio escolar cunha oferta lúdica ampla e variada. Oferta que muda cada vinte días, ou mensualmente, amosando diferentes xogos  nun número amplo que permita ao alumnado atopar o seu oco, vivenciar e aprender novas propostas e respectar a quen xoga “diferente”. Un proxecto inclusivo e colaborativo. Que se avalía, e se corrixen as súas eivas. Que pretende mellorar día a día.

Os usuarios (nenas e nenos) teñen moito que dicir e aportar para o deseño final do seu tempo de lecer no Colexio Balaídos. Eles e vós, as familias, podedes achegar suxerencias e inquedanzas, tamén colaboracións.  

Este proxecto está coordinado por unha Comisión de Profesorado (2 mestres da Area de E. Física, 3 representantes dos niveis de E. Primaria e 1 de E.Infantil). A avaliación e seguimento do proxecto agardamos que permita, no remate de curso, tomar decisións para un cambio racional e permanente (quizais definitivo), co que iso implique para a organización do PATIO deste centro escolar.

Sempre tendo en mente aos grandes beneficiarios/as: o alumnado.

E a grande meta: a convivencia e o goce.

Distribuir contido

Back to top