Actividades escolares

Actividades escolares

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A mestra Carmen leu poesías de Rosalía de Castro caracterizada como ela, Tamén cantamos moitas cancións.

O BALONMÁN VISITA O COLEXIO

En tempos de coronavirus todo o alumnado desexa gozar da meirande normalidade no día a día. Na área de Educación Física xa nos imos afacendo ás novas normas de prevención dos contaxios, sen por iso deixar de xogar. Cada mes, cada semana, e cada día imos atopando novos vieiros de manternos activos. Esa vai ser a senda que sigamos neste curso "atípico".

Tivemos a sorte de contar esta semana coa visita dos CLUBES DE BALONMÁN "RECONQUISTA" E "GALICIA SOCIAL" (masculino e feminino, respectivamente). Desenvolveron unha sesión para 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, na que achegaron ao alumnado as fundamentos deste deporte, convidando a todos e todas a asistir aos adestramentos nas pistas do Estadio Balaídos (clube feminino) e Pavillón de Travesas (clube masculino).

Damos as grazas a Juan Ben (Galicia Social) e Jesús Veiga/Andrés Alonso( (Reconquista).

AQUÍ TES

IMAXES E MINIVIDEOS:

 

 

MAXIA E CONTOS POLA IGUALDADE

O venres 7 de febreiro o alumnado do colexio participou en diferentes sesións sobre a Igualdade.

Os máis cativos descubriron  historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos  situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.

Os maiores asistiron a un espectáculo de maxia , no que os nenos participaron no traballo feito polas sufragistas, as trabas atopadas polas mulleres cando querían dedicarse as artes, o concepto do anxo do fogar e a “mad woman”.

Aquí vos deixamos unha mostra das sesións:

 

Acto de homenaxe no II aniversario dos lumes de Chandebrito e Camos

O pasado domingo 13 de outubro tivo lugar un "Acto de homenaxe  no II aniversario dos lumes de Chandebrito e Camos", organizado polo Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños "O Castro".

O noso colexio foi invitado a este acto, ao que acudíu o director do centro en representación do centro, como entidade colaboradora na recuperación medioambiental da parroquia neste 2019. Lembremos a saída conxunta de todo o alumnado e profesorado do centro, o pasado curso, para colaborar na plantación de centos de árbores na parroquia de Chandebrito.

Así mesmo, realizouse un Acto de hermanamento co Municipio Luso de Castanheira de Pera, ao que asistiron a súa Presidenta da Cámara e máis o Cónsul de Portugal en Vigo. Neste municipio luso,  foron 47 as víctimas mortais do inferno que asolou Portugal en xuño do mesmo ano e que convertíu as estradas en auténticas rateiras sen saída.

Nas fotos que seguen poderedes ver o mapa da zona e o agasallo que nos deron por colaborar

 

 

No seguinte enlace poredes ver fotos e máis documentos en relación con este tema: https://drive.google.com/open?id=1lQfHzkHYdY5PnrxuLjUtIYSiYZ44LQCD

 

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL

No enlace que vos facilitamos a continuación, poderedes informarvos sobre o proxecto de educación dixital da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/abalar_folleto_2019.pdf

Ao longo do curso, nas correspondentes reunións co profesorado, irá informándose máis detalladamente ás familias do alumnado implicado.

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe, 24 de Outubro, abriuse a biblioteca do C.E.I.P. Balaídos. Hermenexilda, Casilda e Xoán déronnos a benvida a este novo curso. Foron os encargados de repartir as mochilas viaxeiras que irán a todas as casas. Esperemos que vivades formidables aventuras!

Non deixedes de visitar o seu blog: http://orecunchodexoan.blogspot.com

CONTACONTO E CHARLA SOBRE A TRANSEXUALIDADE

Durante toda a semana, o alumnado do centro, asistiu a unha Charla e Contaconto sobre a Transexualidade por parte de Chrysallis (Asociación de Familias de Menores Transexuais).

Esta Asociación promove e difunde os dereitos da infancia e adolescencia trans en tódolos ámbitos (Educativo, sanitario, legal, social e deportivo).  É unha oportunidade para fomentar o respeto e a liberdade. A diversidade enriquece a nosa sociedade, fagamos que os nenos e as nenas crezcan felices.

O conto "Marc, o mono que naceu dun ovo" foi o punto de partida nas sesións. 

Distribuir contido

Back to top