Programacións

PROGRAMACIÓNS CURSO 2020/2021

Dada a situación de excepcionalidade do presente curso escolar 20-21, convén aclarar certos aspectos relacionados coas programacións.
Para a elaboración de ditas programacións tomáronse como referencia os seguintes
principios básicos:

  •  Informes individualizados elaborados á finalización do curso 2019/20.
  •  Avaliación inicial.
  •  Incorporación das aprendizaxes non adquiridas no curso 19/20 á programación do novo curso escolar.

En relación as aprendizaxes non adquiridas do nivel anterior, estas incorporaranse nas diferentes materias e bloques de contido do nivel actual e resaltaranse en cor vermella.
Priorizaranse todos aqueles estándares que se consideren máis importantes de xeito que as programacións sexan unha guía real da nosa práctica educativa.
No caso de actividade lectiva non presencial chegáronse a acordos no claustro para unificar as actuacións no refertente aos procedementos e instrumentos de avaliación, criterios de avaliación, cualificación e promoción do alumnado así como metodoloxía, materiais e recursos e actividades.
No caso dun posible confinamento empregaránse os recursos telemáticos dos que dispoñemos : abalar e os correos corporativos para a mensaxería así como edixgal e a aula virtual para o a proposta e seguimento das tarefas do alumnado.

No arquivo adxunto incorpórase o documento coas programacións deste curso de todas as etapas e niveis do centro.

Distribuir contido

Back to top