Polos creativos

Espazo adicado a todas actividades e propostas realizadas no Polo Creativo do noso centro.

Robots de chan en quinto de E.I.

O alumnado de 5º de EI levou a cabo unha proposta con robots de chan como o Escornabot, o Bootley e os Mbots, integrada dentro do seu proxecto de superheroes e superheroínas e o proxectos do Polo Creativo BalaídoSteam. O alumnado previamente participou na elaboración de varios elementos dos taboleiros para logo interactuar con eles cos diferentes robots.

   

Os robots Mbots foron montados por 6 rapazas de 5º de primaria, curso que participa no Plan Proxecta + "Rapazas emprendedoras nas TIC

Panel interactivo da roupa de inverno.

Empezamos as actividades do noso proxecto BalaídoSteam. No que cada clase realizará unha proposta práctica relacionada coas súas prácticas de aula empregando materiais do Polo Creativo.

O alumnado de 3 anos está a desenvolver un proxecto do inverno e fixeron co Scratch un xogo de colocar as prendas de abrigo na parte do corpo correspondente. O alumnado grabou locucións tanto en castelán como en galego. Logo coa placa Tecla a tecla, puideron xogar de xeito manipulativo a sendos xogos convertídoos en dous paneis interactivos. Aquí temos os xogos.

 

Tips sobre a reciclaxe.

O alumnado de 5º de Proxecto Competencial estivo a traballar na creación duns colectores para separar os envases e resíduos. Algúns deles participaron na creación dun vídeo coa dotación material dos Polos Creativos (o croma, os focos e as tablets) para crear un vídeo con consellos para que a xente tire nestos colectores os residuos correctos.

Postais de nadal con Circuit Papers

O alumnado de 6º de EP realizaou unhas postais de nadal moi especiais empregando o material Circuit Paper do Polo Creativo. Cunha luz led de diodo, unha tira de cobre adhesiva e unha pila de botón as postais convertéronse en pequenas producións artísticas interactivas.

Paneis interactivos dos climas do mundo.

O alumnado de 5º de EP creou, dentro da área de ciencias, uns mapa mundi interactivo empregando as placas tecla a tecla, para traballar os diferentes tipos de clima que hai no mundo.

 

Estes son os programas que deseñaron co Scratch e onde introduciron toda a información que buscaron sobre os diferentes lugares. Pulsa as teclas arriba, abaixo, esquerda, dereita, a, s, d, w ou espacio para interactuar cos programas.

 

 

 

 

 

Impresión en 3D de adornos de Nadal.

As rapazas e 4º de Educación Primaria, dentro do plan Proxecta + Rapazas emprendedoras nas TIC, participaron nun pequeno obradoiro no que empregaron diferentes ferramentas para crear os seus propios adornos de nadal en 3D. Unhas utilizaron os lápices 3D para crear sinxelas bolas de nadal, mentres que outras empregaron as tablets para deseñar, empregando a simetría, a silueta dun abeto de Nadal, para a conituación imprimilos nas impresoras do Polo Creativo.

 

Distribuir contido

Back to top