Achégase o entroido!
En poucas semanas chegará o entroido. Como o ano pasado os corredoiros da primeira planta adornáronse con distintas figuras do entroido galego. Se queredes ver máis fotos pasade pola Lareira dixital.
Día da paz 2016
Achégase o día da Paz e este ano a canción escollida é "Campás pola paz". Queredes aprender os signos e a letra? Aquí tedes un vídeo.
Canto por aula e festa de Nadal!!!
O equipo de A Lareira dixital (equipo de normalización lingüística) recopilou os vídeos das panxoliñas que os alumnos e alumnas do CEIP Balaídos fixeron no xa tradicional Canto por aulas. Pinchade na imaxe de cada grupo para escoitar o ben que o fixeron.
Festival de nadal 2015!!
O xoves 17 de decembro tivo lugar o festival de nadal no noso centro no que participaron todos os cursos de educación infantil e varios de educación primaria. Nel puidemos de disfrutar de cancións, obras de teatro e actuacións instrumentais. Aquí tedes os vídeos:
LETRA A | LETRA B |
ACTUACIÓNS INSTRUMENTAIS |
|
- ROCÍO MARTÍNEZ (Piano e voz). - ALEXANDRE CARREIRO (Piano). - MARÍA LÓPEZ (Saxofón). |
Vai chegar o apalpador!!
Este ano 2015 o nadal no ceip Balaídos xira en torno a figura do apalpador. Todo o cole está decorado, en cada recuncho podemos encontrar distintas representación deste e doutras personaxes.
O ceip Balaídos participa na hora do código.
O pasado venres 11 de decembro varias clases do noso centro participaron na "Hour of code" (hora do código), unha iniciativa mundial na que se pretende achegar a unha hora de programación aos estudantes de todo o mundo.
CONTACONTOS CON KID&US
Hoxe tivemos unha gran sorpresa!!! Nada máis entrar na aula de psicomotricidade os nenos de Infantil e 1º de primaria, nos atopamos cunha sheriff e máis unha india, as cales contáronnos a súa historia en INGLÉS!!!
Dende aquí querémoslles dar as grazas á Academia Kids&US.
Agora..mirade que ben o pasamos!!
Campaña de acollemento familiar da Cruz Vermella
O 20 de novembro é o Día Universal dos Dereitos da Infancia. A infancia é un colectivo prioritario para Cruz Vermella e entre outros programas desenvolve o de Familias Acolledoras.
Para saber máis sobre o acollemento familiar podedes consultar a http://familiasacolledoras.cruzvermella.org/
Cuestionario sobre a convivencia escolar.
A comunidade educativa galega (mestres,nenos e familias) poderán realizar un cuestionario on line sobre convivencia nas aulas que impulsa a Consellería de Cultura e Educación.
Tedes máis información na páxina da Xunta.
Nos próximos días mandarase a información as familias de como participar nesta iniciativa da consellería de educación tan importante para poder manter unha convivencia adecuada nas aulas.
NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Nesta orde apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. Se queredes consultar a orde clicade aquí
Para máis información consultade en http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- seguinte ›
- última »