Nadal

Celebración do nadal

Bo Nadal 2020

in

Hoxe celebramos unha festa de fin de ano un pouco atípica pero moi divertida pese ás restriccións.

 

Dende a comunidade educativa do CEIP Balaídos queremos felicitarvos neste Nadal 2020, aínda que foi un ano difícil, xuntos e xuntas seguimos disfrutando do día a día na nosa escola durante todo o 2021.

Nadal

in

Aquí tedes uns xogos do Nadal

 

 

A NOSA FESTA DE NADAL

in

O pasado venres 20 de decembro celebramos no cole unha gran festa de Nadal e final de trimestre. En primeiro lugar, como cada ano, levamos a cabo o "Canto por aulas" no que cada aula deleitou aos compañeiros coa sua panxoliña. Despois realizamos merendolas, saimos o patio coa final de Xoquei e a visita de Papá Noel, e por último celebramos as campanadas de fin de ano e baile!!! Foi unha fantástica festa!!!

 

FELICITACIÓN DE NADAL!!

in

O claustro de mestres queren desexarvos unhas Felices Festas con esta postal navideña, facendo hoxemaxe ao noso proxecto documental integrado "O Cambio Climático"


VÉMONOS O MÉRCORES 8 DE XANEIRO

FESTEXAMOS FIN DE ANO!

in

O 21 de decembro, derradeiro día de clase deste trimestre, celebramos o noso tradicional "Canto por aulas", no que cada curso preparou unha panxoliña e foi polo resto das aulas cantándoa para os seus compañeiros e compañeiras.

Ao rematar e para coller forzas merendamos nas aulas e preparámonos co cotillón para baixar a tomar as uvas todos xuntos!!!

O mellor será que o vexedes por vos mesmos, non agardedes máis!!!

 

 

 

VISITA DOS REIS MAGOS

in

O xoves 20 tivemos unha visita moi especial no colexio, nada máis e nada menos cós Reis Magos!!!

Os máis cativos puideron entregar as súas cartas e contarlles, aos Reis, as súas peticións. A cambio foron agasallados cuns doces.

Queredes ver como foi?

 

CHEGA O NADAL!

in

Xa está todo preparado para festexar o Nadal no colexio!

Os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron os murais que dan a benvida a esta festividade. Trátase do apalpador cunha árbore chea de palabras en galego relacionadas co Nadal.

 

A continuación, comezou a estar o colexio, cada día, máis decorado para a súa celebración. Este ano volvemos contar, como sempre, coa colaboración das familias para facer nos corredores unha exposición de personaxes navideños, pero decorados, nin máis nin menos, que con productos do horto. Unhas verdadeiras obras de arte!

Queredes velo? Non perdades o seguinte vídeo:

 

 

Pero aquí non remata todo, xa que este ano celebraremos todos xuntos a "Festa de Fin de Ano". Antes, por suposto, faremos o tradicional "Canto por aulas" no que cada curso preporou unha panxoliña. Pero para poder velo teremos que agardar un pouquiño. Estade atentos!!!

 

VISITA DOS REIS MAGOS

in

O martes 19 tivemos unha visita moi especial no colexio, nada máis e nada menos cós Reis Magos!!!

Os máis cativos puideron entregar as súas cartas e contarlles aos Reis as súas peticións. A cambio foron agasallados cuns doces.

Se queredes ver como foi, premede no play!!!

 

BO NADAL!

Festa de nadal!

in

Hoxe celebramos o último día de clase antes de nadal co noso tradicional "canto por aulas" no que cada curso preporou unha panxoliña e foi polo resto de clases cantándoa para os seus compañeir@s.

 

Ademáis hoxe tamén tiveron lugar as finais do campionato de Pre-Hockey. Foron uns partidos apaisoantes cheos de público.

Festival de nadal 2017!

in

Hoxe e onte celebramos o noso tradicional festival de nadal. Esta edición contou con moitísimas actuacións por iso tivemos que facelo en dous días.

Aquí podedes ver todas as actuacións:

3 anos A 3 anos B
4 anos A  4 anos B
5 anos A 5 anos B
1º primaria A 1º primaria B
2º primaria A 2º primaria B
3º primaria A 3º primaria B
  4º primaria B
5º primaria A 5º primaria B
6º primaria A 6º primaria B
Distribuir contido

Back to top