CHEGA O NADAL!

in

Xa está todo preparado para festexar o Nadal no colexio!

Os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron os murais que dan a benvida a esta festividade. Trátase do apalpador cunha árbore chea de palabras en galego relacionadas co Nadal.

 

A continuación, comezou a estar o colexio, cada día, máis decorado para a súa celebración. Este ano volvemos contar, como sempre, coa colaboración das familias para facer nos corredores unha exposición de personaxes navideños, pero decorados, nin máis nin menos, que con productos do horto. Unhas verdadeiras obras de arte!

Queredes velo? Non perdades o seguinte vídeo:

 

 

Pero aquí non remata todo, xa que este ano celebraremos todos xuntos a "Festa de Fin de Ano". Antes, por suposto, faremos o tradicional "Canto por aulas" no que cada curso preporou unha panxoliña. Pero para poder velo teremos que agardar un pouquiño. Estade atentos!!!

 

Back to top