Letras galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Por qué celebramos o 17 de maio o Día das Letras Galegas?

 
A Real Academia Galega en 1963 instituíu, o 17 de maio, a celebración do Día das Letras Galegas  para conmemorar os 100 anos da publicación do libro de Cantares Gallegos de Rosalía de CastroDende entón todos os 17 de maio dedicamos o día a persoas que destacasen pola súa obra en galego ou defensa da nosa lingua galega.
 
Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo y lingüísta.
 
Sabíades que...?
 
· Naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910.
 
· Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua...
 
·Primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
 
· Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega.
 
· Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.
 
Tamén escribiu moitos libros de poemas, teatro, relatos
 

No seu relato titulado As pitas baixo a choiva, escrito para os máis pequenos, cóntanos un feito que lle pasou cando era un neno. Quería recoller as pitas que se estaban a mollar no patio. Ao final do relato todos estaban mollados como pitos: as pitas, el e toda a súa familia. 

 
Queredes lelo? Clicade na seguinte imaxe: 
   

 
Para acceder as cancións do conto clicade na seguinte icona: 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose a actividade de recolección daquelas palabras que máis vos gusta na nosa lingua, ditos, refráns e lemas que escoitades a cotío na vosa contorna...
 
Como resultado da actividade elaborouse un libro. Queredes ver o ben que nos quedou? Clicade na súa portada:
 
 
Para rematar esta gran celebración compartimos con todos a canción "Queremos galego" de Pablo Díaz:
 

FESTILETRAS

Un ano máis, para pechar o mes das Letras Galegas, celebramos na última semana de maio o noso FESTILETRAS, onde nenos e nenas de Infantil e Primaria realizan diferentes actuacións na que empregan e potencian o uso da nosa lingua galega.

Para poder disfrutar das actuacións só tendes que clicar no curso desexado. As actuacións de Educación Infantil aínda non as podemos publicar porque andan a argallar unha sorpresa e, polo tanto, só queda agardar o que estes cativos teñen preparado para vos.

 

 

3 anos A 4 anos A 5 anos A
3 anos B 4 Anos B 5 anos B

 

 
 
     
     

 

 

  

Letras Galegas 2019. Corre lingua.

Con motivo das letras galegas 2019 adicado a Antonio Fraguas, no noso centro realizamos un corre lingua dende infantil ata primaria que encheu moitas paredes do noso centro de un montón de palabras na nosa lingua galega.

 

Festiletras 2018.

Este curso 2017 - 2018 o noso tradicional Festiletras cambiou a súa estructura habitual por unha más acorde co proxecto anual do centro que se está adicando ao cine. No Festiletras do pasado xoves 30 de maio estreáronse 4 obras de teatro interpretadas polo alumnado 3º e 5º que serviron como introducción a ceremonia de entrega dos I premios Abeleira ás mellores curtas do CEIP Balaídos que terá lugar o día 7 de xuño.

As obras de teatro foron presentadas o xoves 31 de xuño. A de terceiro curso esta baseada nas emocións, tema que traballaron durante todo o ano escolar. O resultado deste traballo plasmouse na obra " Cando as emocións mandan". Os cursos de 5º dúas obras: "Mamasiña que medo" da autora Mª Jesús Pereiro e "O edificio tolo" unha obra de creación propia,  realizada por toda a clase a través de traballo en equipo.

Teatro Negro: Emociónate!!

Neste curso 2017 - 2018 na área de Educación Artística ( máis concretamente en música) a mestra Bea levou a cabo co alumnado de 6º o seu tradicional Teatro Negro cunha obra titulada "Emociónate!!" de Ruth Bernárdez (mestra de Educación Primaria) que colabora co noso centro escribindo as obras dende moitos anos atrás. Dar as grazas a todas as persoas que fan posible este espectáculo; a implicación do alumnado, a Rogelio (conserxe), Mari Carmén (antiga nai do centro), Rubén (administrativo), Ana e Rosa (encargadas do comedor) e a todo o equipo docente na preparación da posta en escea da obra. Felicitar unha vez máis ao alumnado de 6º EP polo gran traballo realizado.

Caderno Novoneyra 2017.

No Festiletras repartíronse os premios aos ganadores do certame literario Novoneyra. Aquí tedes o caderno onde recopilamos todas as creacións dos alumnos e alumnas. 

 

Festiletras 2017.

Un ano máis, para pechar o mes das letras galegas celebramos na última semana de maio o noso Festiletras, onde nenos e nenas de infantil e primaria realizan diferentes actuacións na que empregar en potencian o uso da nosa lingua galega. Este ano tivemos bailes, cancións, poesías, raps e obras de teatro. Por mor dos dereitos de imaxe non podemos colgar todas as actuacións na web.

Grupos A: 5 ANOS A2º A4º A5ºA6ºA, 6ºA, 6ºA, 6ºA

GruposB : 5 ANOS B1º B2º B3ºB4ºB5º B6º B

Despois das actuacións tivo lugar a entrega dos premios literarios Novoneyra.

PRIMEIROS ESCRITORES CONVIDADOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS.

Esta semana xa deron comezo no colexio as actividades de celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS (que este ano adícase en toda Galiza a CARLOS CASARES).
Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca foron convidados dous escritores:
- O día 3 estivo con nós Miguel Ángel Alonso Diz https://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_%C3%81ngel_Alonso_Diz
- O día 4, Senén Vaamonde e dous membros do grupo musical A Roda (Alfredo e Manuel)
Se queredes ver videos das actuacións clicade aquí:

https://drive.google.com/open?id=0B-mZqLgAQsn3LS1TYlB3bXRFamM

https://drive.google.com/open…

Enriquecemos con realidade aumentada os poemas de Manuel María.

Con motivo das letras galegas, e para traballar a figura de Manuel María e a súa obra, levouse a cabo unha tarefa no centro que tiña como obxectivo enriquecer con realidade aumentada o libro Canta o cuco. Neste libro se recollen poemas que alumnos, dende 3 anos ata quinto de primaria,  leron e recitaron de forma compartida.

Distribuir contido

Back to top