O recuncho de Xoan

Blog da biblioteca

Visita de Nati Natillas.

Hoxe tivemos a visita Nati Borrajo ou tamén coñecida como Nati natillas. Esta dramaturga, escritora e actriz contounos visitou primeiro aos alumnos de 4 e 5 anos aos que lles contou a historia de Pingui, unha gota moi aventureira que correu moitas aventuras! Máis tarde alumnos e alumnas disfrutaron con ela de outra actividade relacionada co libro que leron na clase La geometría del faraón.

Enquisa de biblioteca.

Chegados a este punto do curso, o equipo que dinamiza a biblioteca do centro pide a colaboración das familias a través da realización dunha sinxela enquisa, na que de maneira anónima poderedes aportar información sobre que cousas poden mellorar de cara ao curso que ven. Premede na imaxe para acceder ao cuestionario. Moitas grazas por colaborar!! 

PRIMEIROS ESCRITORES CONVIDADOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS.

Esta semana xa deron comezo no colexio as actividades de celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS (que este ano adícase en toda Galiza a CARLOS CASARES).
Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca foron convidados dous escritores:
- O día 3 estivo con nós Miguel Ángel Alonso Diz https://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_%C3%81ngel_Alonso_Diz
- O día 4, Senén Vaamonde e dous membros do grupo musical A Roda (Alfredo e Manuel)
Se queredes ver videos das actuacións clicade aquí:

https://drive.google.com/open?id=0B-mZqLgAQsn3LS1TYlB3bXRFamM

https://drive.google.com/open…

Distribuir contido

Back to top