Letras galegas

Teatro negro: "Pérez Gómez, e a casa encantada".

Os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria interpretaron unha obra de teatro negro creada por Ruth Bernárdez e titulada: "Pérez Gómez, na casa encantada".

O alumnado de 6º ofreceu un espectáculo incríble que puideron disfrutar todos os alumnos do cole. Como sempre foi moi importante a colaboración de Rogelio e de Carmen, así como a axuda de Ana e Rosa (encargadas do comedor) e o equipo docente do cole. Todo isto dirixido por Bea, a profe de música do centro, que como sempre, conseguíu sacar o mellor de todos os seus alumnos.

 

Visita de Almudena Aparicio.

Hoxe recibimos a visita no Ceip Balaídos de Almudena Aparicio (@AlmuAparicio), una ilustradora viguesa que estivemos traballando durante as pasadas semanas.

O seu percorrido comezou nas aulas de 3 anos e foi subindo de nivel ata chegar aos nenos de 6º de primaria. En infantil contou contos nos que ela fixo as ilustracións, Ademáis, en cada nivel fixo unha chuvia de ideas para decidir que podía  debuxar. Despois ela plasmaba esas ideas en un gran debuxo. Tanto alumnos como mestres quedamos abraidos co seu talento.

Explicounos que primeiro fai os debuxos a lapis e rotulador para logo pasalos polo ordenador e colorealos. 

 
Despois de ter todas as ilustracións, as decoraremos nas distintas clases e faremos unha gra exposición. Despois de compartir toda mañá con nós, Almudena regalounos tres libros para a biblioteca de aula.
Moitas grazas por visitarnos Almudena, volve cando queiras.
Distribuir contido

Back to top