Visita de Almudena Aparicio.

Hoxe recibimos a visita no Ceip Balaídos de Almudena Aparicio (@AlmuAparicio), una ilustradora viguesa que estivemos traballando durante as pasadas semanas.

O seu percorrido comezou nas aulas de 3 anos e foi subindo de nivel ata chegar aos nenos de 6º de primaria. En infantil contou contos nos que ela fixo as ilustracións, Ademáis, en cada nivel fixo unha chuvia de ideas para decidir que podía  debuxar. Despois ela plasmaba esas ideas en un gran debuxo. Tanto alumnos como mestres quedamos abraidos co seu talento.

Explicounos que primeiro fai os debuxos a lapis e rotulador para logo pasalos polo ordenador e colorealos. 

 
Despois de ter todas as ilustracións, as decoraremos nas distintas clases e faremos unha gra exposición. Despois de compartir toda mañá con nós, Almudena regalounos tres libros para a biblioteca de aula.
Moitas grazas por visitarnos Almudena, volve cando queiras.

Back to top