Magosto - Samaín

MAGOSTO NO COLE

Hai uns días celebramos o cole o noso MAGOSTO, un fantástico día de xogos e diversión.

Festa de Samagostín 2021

Un ano máis o noso cole encheuse de monstruos e seres arrepíantes comendo castañas e bailando ao son da música.

Samagostín 2021

Mañá xoves 28 de outubro celebraremos o noso tradicional Samagostín!!!

Samaín arrepiante!!

Un ano máis chegou o Samaín ao noso centro, este ano estivo moi lonxe de ser a festa que celebrábamos, pero aínda así, intentamos pasalo de medo. Aquí tedes unha pequena mostra.

E CHEGOU O SAMAIN

Un ano máis chegou ao cole a festa do Samain. Como cada curso, disfrutamos dun día de diversión e medo cos nosos disfrazes e a decoración das aulas e do cole.

Debido ao mal tempo, tivemos que anular o magosto, pero ainda así pasamos un gran día. En infantil compartiron unha sana merenda terrorifica, e despois todos saimos ao patio a xogar e pasalo moi ben!!!!!

 

FESTEXAMOS O SAMAGOSTÍN!

 

O mércores 31 de outubro festexamos a nosa tradicional festa de Samagostín, onde o terror do Samaín e o arrecendo das castañas asadas mestúranse para facer unha festa tan terrorífica como deliciosa!

Para a celebración desta conmemoración leváronse a cabo diferentes actividades relacionadas co noso proxecto anual "Sementamos para vivir as aventuras deste curso" e proxecto de innovación educativa "Hortus Cultus 3.0":

O martes 30, o alumnado de infantil realizou unha merendola moi sabrosa e saudable!
As portas das aulas enchéronse de apócemas moi orixinais e ao alcance de todos e todas, xa que os seus ingredientes atópanse na horta!

Non podíamos esquecer facer o noso photocall de medo!

Compartimos tod@s xunt@s xogos no patio e a posterior degustación de castañas.

Non queremos deixar de agradecer aos asadores a súa labor e esforzo a pesar do tempo!

 

 

 Para acceder as fotos só tendes que clicar aquí.

Adeus Casilda e Hermenexilda!!

Esta semana as castañas Casilda e Hermenexilda, que compartiron con todos nós a celebración do Samagostín, despedíronse para voltar a súa árbore.

De recordo deixáronnos, en cada aula, un diploma pola boa participación nos xogos celebrados e momentos especiais que queremos compartir con todos!!!

 

ATA O VINDEIRO ANO!!!!

 

Podedes ver as fotos aquí

Festa do Samagostín 2016

O xoves 3 de novembro celebramos a nosa festa do Samagostín, podedes ver nas fotos que ben o pasamos!
 
 
Nos próximos días iremos subindo fotos do photocall e outras actividades. Podedes descargar as fotos aquí.

Samagostín 2016!

O vindeiro xoves 3 de novembro celebraremos o noso Samagostín e todo o cole está preparado para a festa.

Pinchade na imaxe para ver a montaxe!

 

Distribuir contido

Back to top