Bolsas e axudas

Bolsas e axudas

BOLSAS PARA ALUMNADO DE NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO

 

 

A CONVOCATORIA 2022 - 2023 PUBLICOUSE O 18 de MAIO de 2022.

PRAZO DE PRESENTACIÓN - DESDE O 19 de MAIO ATA O 30 de SETEMBRO de 2022, PERO NON O DEIXES PARA ESE DÍA, PORQUE TES QUE PRESENTALO NO CENTRO CORRECTAMENTE CUMPRIMENTADO, ASINADO E CUBERTO POLO GABINETE PEDAGÓXICO ANTES DESA DATA

 

 

BENEFICIARIOS:

AS AXUDAS PARA O CURSO 2022-2023 SON PARA PERSOAS QUE TEÑAN UNHA NECESIDADE ESPECÍFICA DERIVADA DE:

 
DISCAPACIDADE
 
TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA OU DA COMUNICACIÓN E DA LINGUAXE

TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA

ALTAS CAPACIDADES
 
 
 
TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:
 
 
 

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor

Concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo – Curso 2020-2021.

 

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.

A finalidade última das subvencións de comedor é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo.

O prazo para solicitar as axudas escolares municipais  será do 25 de xuño ao 22 de xullo
As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de: www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260
As citas poderán solicitarse a partir do luns día 22 de xuño
 
Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do concello poden tramitar a sua solicitude  a traves  dela.

As solicitudes  e anexos que se achegan  están preparados para a sua tramitación telemática

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES DE FONDO LIBROS 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES DE FONDO LIBROS ( ALUMNADO DE 3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA )

 

ESTAS LISTAXES PUBLICARANSE ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS SITUADO NO INTERIOR DO RECINTO ESCOLAR OU POR VÍA ELECTRÓNICA ACCEDENDO AO SEU EXPEDIENTE, A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDOLIBROS, EMPREGANDO A CHAVE 365 OU O CERTIFICADO DIXITAL.

 

 

O ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE TEN MENOS DE 6 LIBROS, DEBERÁ MERCAR SÓ OS LIBROS QUE NON LLE FOSEN ADXUDICADOS, AGÁS QUE QUEIRAN AGARDAR ATA SETEMBRO POR SE ALGUNHA FAMILIA DEIXA NO CENTRO ALGÚN LIBRO MÁIS E POIDAMOS EMPRESTARLLOS AO ALUMNADO SOLICITANTE

 

O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, SÓ DEBERÁ MERCAR O ACTIVITY BOOK DE LINGUA INGLESA

 

AVISO MOI IMPORTANTE: O ALUMNADO DE 5º e 6º DE PRIMARIA SEXA SOLICITANTE OU NON DO FONDO DE LIBROS, NON DEBERÁ MERCAR NINGÚN LIBRO ( A MESTRA AO COMEZO DO CURSO INFORMARÁ SE PRECISAN MERCAR O ACTIVITY BOOK DE LINGUA INGLESA ), XA QUE O CENTRO PARTICIPA NO PROXECTO E-DIXGAL.

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS

 AVISO MOI IMPORTANTE

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE BENEFICIARIOS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e DE MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2019-2020

 

PODEN CONSULTAR AS LISTAXES DE BENEFICIARIOS DAS AXUDAS DE LIBROS DO ALUMNADO DE 1º E DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E DOS BENEFICIARIOS DAS AXUDAS DO MATERIAL PARA TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ( NO MESMO ARQUIVO)

NO 1º ARQUIVO ADXUNTO PODEN CONSULTAR AS LISTAXES DE 3º e 4º DE PRIMARIA

IMPORTANTE: O ALUMNADO DE 5º e 6º DE PRIMARIA NON DEBE COMPRAR LIBROS NIN MATERIAL ESCOLAR ATA O AVISO DO CENTRO, XA QUE ESTES CURSOS PARTICIPAN NO PROGRAMA E-DIXGAL

 

O ALUMNADO DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE TEÑA 6 LIBROS ADXUDICADOS NON TEN QUE MERCAR NINGÚN. SOAMENTE O ACTIVITY BOOK DE LINGUA INGLESA.

 

O ALUMNADO QUE TEÑA MENOS DE 5 LIBROS ADXUDICADOS DEBERÁ AGARDAR A LISTAXE DEFINITIVA PARA SABER OS LIBROS QUE SE LLE ASIGNAN.

 

O ALUMNADO DE 1º E 2º CURSO DE PRIMARIA PODERÁ ACUDIR AO CENTRO A PARTIRES DO MARTES 2 DE XULLO PARA SABER SE LLE CORRESPONDE O VALE DE LIBROS E NO SEU CASO RECOLLELO EN HORARIO DE 9 A 14 HORAS.

 

IMPORTANTE- OS VALES SO SE PODERÁN RECOLLER NA PRIMEIRA SEMANA DE XULLO.

AS FAMILIAS QUE NON POIDAN RECOLLELO PODERÁN FACELO EN SETEMBRO, SEN NINGÚN PROBLEMA

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O  CURSO 2022-2023

 

 

 

 

Publicouse no DOGA do 18 de maio a Orde do 29 de abril de 2022 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria

Fondo solidario de libros:  Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2022/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Axudas para adquirir libros de texto: Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

Axudas para adquirir material escolar: Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria

Prazo de presentación de solicitudes

- Do 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 ( incluídos) 

Solicitudes:

Presentación de solicitudes
1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xuntade Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con quen conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2022/23. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido,
que será o encargado da súa gravación e tramitación.
En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito onde indique cal desexa que se tramite.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Tamén será obrigatoria a presentación do Anexo II escaneado correctamente cuberto e asinado por tódolos membros da unidade familiar.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes (entréganse aos titores/as)
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. O formulario de solicitude (anexo I), xunto co anexo II tamén estará dispoñible:
a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
5. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo,que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

Poden acceder a toda información do procedemento a través de este enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º- Certificado ou volante de convivencia.
2º- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
2. A documentación complementaria (que se xunte coa solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ( entregarase xunto coa solicitude aos titores/as )
3. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2020,agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO E PRAZOS DAS AXUDAS PARA

 

PARTICIPAR NO

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

COMÚN E ÚNICO PARA TODAS AS AXUDAS:

 

DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO CURSO 2021/2022

 

17 DE XUÑO, AGÁS 1º E 2º PRIMARIA

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

( ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º )

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

1 DE XULLO DE 2022

RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

DO 1 DE XULLO AO 5 DE XULLO DE 2022

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

6 DE XULLO DE 2022

ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO

AO COMEZO DE CURSO

 

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

(ALUMNADO 1º E 2º )

 

ENTREGA DE VALES

 

DO 6 AO 8 DE XULLO

 

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

(TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

 

ENTREGA DE VALES

 

DO 6 AO 8 DE XULLO

 

 

AVISO MOI IMPORTANTE:

 

 

AS FAMILIAS INTERESADAS EN PRESENTAR A SOLICITUDE

 

 

PRESENCIALMENTE NO CENTRO DEBERÁN  ENTREGARLLA AOS

 

TITORES/AS

 

 

 

 

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE BENEFICIARIOS DE AXUDAS DE LIBROS, MATERIAL E FONDO DE LIBROS DA XUNTA DE GALICIA

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO BENEFICIARIO DAS AXUDAS DE LIBROS, MATERIAL E FONDO DE LIBROS DA XUNTA DE GALICIA

NO DÍA DE HOXE PUBLICAMOS A SEGUINTE INFORMACIÓN:

 

1º. A listaxe provisional de solicitudes admitidas.

2º. A listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión: por estar presentadas fóra de prazo; por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación; ou por falta de devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda nos cursos anteriores.

c) As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes ao da publicación da listaxe provisional; o centro deberá resolver e gravar as reclamacións na aplicación fondolibros.

d) Finalmente, publicará a listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados e, de ser o caso, o número de libros complementarios que correspondan; así mesmo, incluirá as de solicitudes excluídas.

Respectando a normativa vixente o artigo 13 referente á publicación de actos da convocatoria establece:

 

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario, á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión, e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar nas cales se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

 

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

 

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

 

ALUMNADO DE FONDO DE LIBROS ( 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ):

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS - VENRES 2 DE XULLO

PRAZO DE RECLAMACIÓNS NOS DOUS DÍAS HÁBILES SEGUINTES

LISTAXE DEFINITIVA DE BENEFICIARIOS - CANDO SE RESOLVAN ÁS RECLAMACIÓNS

ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO - AO COMEZO DE CURSO

 

ALUMNADO DE AXUDAS DE LIBROS ( 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA )

PODEN RECOLLER OS CHEQUES NA SECRETARÍA DO CENTRO DO 5 AO 9 DE XULLO

 

ALUMNADO BENEFICIARIO DE AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

PODEN RECOLLER OS CHEQUES NA SECRETARÍA DO CENTRO DO 5 AO 9 DE XULLO

 

AVISO IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE NON RECOLLA OS CHEQUES NESTAS DATAS, NON PODERÁ FACELO ATA SETEMBRO

 

 

 

 MOI IMPORTANTE: LEMBRÁMOSLLES OS BENEFICIARIOS A SEGUINTE NORMATIVA:

Con carácter xeral, o uso dos vales para adquirir libros de texto e material escolar deberá axustarse ás seguintes regras:
a) No vale deberán figurar a sinatura da persoa titular da dirección do centro e o selo do centro, a sinatura do/da titular do establecemento e o selo deste, e a sinatura da persoa beneficiaria.

b) A persoa beneficiaria nunca deberá asinar o vale antes de recibir a totalidade dos libros de texto ou do material escolar.
A sinatura do vale e a súa entrega implica a súa conformidade cos libros de texto recbidos e, de ser o caso, co importe indicado polo establecemento no recadro establecido para tal efecto.
c) O establecemento receptor non poderá, en ningún caso, requirir a persoa que lle anticipe o importe nin asine o vale antes de recibir os libros ou o material escolar correspondente.
d) Se o importe dos libros de texto ou do material escolar adquirido é inferior ao valor do respectivo vale, o persoal do establecemento deberá introducir no recadro establecido para tal efecto a contía exacta da venda; e se o importe é superior ao valor do vale, a diferenza será aboada polo solicitante. A consellería non asume máis que o importe máximo consignado no vale.
e) Os vales non poderán fraccionarse, é dicir, o importe total de cada vale só se poderá utilizar nun único establecemento.
f) A admisión do vale implica que o establecemento acepta as condicións desta orde.

g) O importe restante do vale, non se pode utilizar para mercar outro tipo de material, só libros de texto do centro, e o persoal do establecemento deberá introducir no recadro establecido para tal efecto a contía exacta da venda.

 

Distribuir contido

Back to top