A patrulla de reciclaxe.
Nas últimas semanas, alumnos de 3º de primaria crearon unha patrulla de reciclaxe dentro dun proxecto de coidado do patio e concienciación dos nenos e nenas que alí disfrutan do seu tempo de recreo.
Cada recreo distintos nenos e nenas axudan a que todos tiren os residuos no colector correspondente, cada vez máis alumnos e alumnas o pensan dúas veces antes de tirar lixo ao chan.
FINA CASALDERREI, VISITOUNOS!
Obradoiro de matemáticas na Fundación Barrié de la Maza.
Os alumnos de 6º de Educación Primaria asistiron a un Obradoiro de Matemáticas na Fundación Barrié de la Maza, onde puideron realizar moitas actividades relacionadas cos números e a lóxica.
PAULA PENEDO QUINTEIRO, alumna de 5ºA do Ceip Balaidos, FINALISTA no concurso ENCHE O TEU MUNDO DE VIDA, de Aqualia
Concerto "Do Viso" e "O Caruncho".
O 30 de marzo, os músicos Carlos "Do Viso" e Luis "O Caruncho" deron un concerto no colexio titulado "Como se fan, como se tocan".
Asistiron ao concerto o alumnado de 4º,5º,e 6º de E. Primaria. Carlos explicounos como constrúe os instrumentos musicais e con Luis escoitamos como soan cada un deles. Foi un concerto moi enriquecedor e participativo xa que os nenos e nenas cantaron e acompañaron con palmas as cancións que éles tocaban.
A gran sorpresa foi o alumno de 6º EP, Marcos Fragueiro que nos deleitan xunto con outros compañeiros tocando a gaita, recibindo un forte e caluroso aplauso.
Visita do Trigal ao 3º ciclo.
Ao igual que os alumnos de infantil, os de 1º ciclo e os de 2º ciclo, os alumnos de 3º ciclo disfrutaron dunha actividade coa panadería O Trigal, que viñeron a explicarnos como se fai o pan e os tipos que hai.
Día da muller.
Podedes ver como se fixeron estas actividades visitando os blogues: Meniños de Balaídos, Medrando en Balaídos e Pequerecuncho Clase A.
Segunda exposición de experiencias co son.
Despois do éxito da primeira exposición de experiencias relacionadas co son que houbo no laboratorio, os alumnos e alumnas do noso cole xa están disfrutando coa segunda edición onde poder experimentar con distintos materias e experiencias onde coñocer máis sobre o son.
Libros ceibes.
Xa están os libros ceibes circulando polo cole. Non dubidedes en atrapar un. Para máis información visitade o blogue de normalización.
CALENDARIO E DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA DO ALUMNADO NOVO NO CENTRO
VINDEIRO CURSO 2022/2023
PRAZO DE MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN NO CENTRO
COMUNICÁMOSLLES ÁS FAMILIAS INTERESADAS
QUE TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO CENTRO ESTÁ ADMITIDO
DEBERÁ FACER A MATRÍCULA OBRIGATORIAMENTE
DO 20 AO 30 DE XUÑO
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-
1 FOTOCOPIA DA CARTILLA DE VACINACIÓN
-
1 FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
-
FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ:
-
2 FOTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL
-
1 FOTO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
-
-
CERTIFICADO ACADÉMICO DO CENTRO DE ORIXE NO QUE ESTIVO MATRICULADO O CURSO ANTERIOR ( ALUMNADO QUE VÉN DOUTROS CENTROS )
-
1 FOTOCOPIA DA DOCUMENTACIÓN QUE ACREDITE A TUTELA DO ALUMNADO (SÓ NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO )
-
OUTRA DOCUMENTACIÓN: TÍTULO FAMILIA NUMEROSA E CERTIFICADOS MINUSVALÍA
AS FAMILIAS INTERESADAS NO SERVIZO DE COMEDOR DEBERÁN PRESENTAR A SOLICITUDE CUBERTA NO ANPA DO CENTRO O ANTES POSIBLE
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- …
- seguinte ›
- última »