5º CURSO

Actividades e traballos realizados nas aulas de 5º

Visita da policía.

Hoxe o alumnado de quinto e sexto de primaria recibíu unhas charlas da man dos policías locais Pilar e Pablo que viñeron a falar entre outras cousas da relación dos pensamentos positivos e a Educación Viaria así como outros temas que resultaron moi de interese para o noso alumnado.

Charla da Policía sobre os perigos de internet.

O alumnado de 5º de EP recibíu de mans dun axente da policía nacional unha charla mo interesante sobre os perigos de internet, adicción as pantallas, sextorsión, ciberbullying...

 

Saída 5º curso

 

O Concello de Vigo, a través do proxecto da candidatura das Illas Cíes ao Patrimonio da Humanidade da Unesco levou o valor científico do arquipélago á Porta do Sol da cidade o xoves 4 e venres 5 de outubro, cita a que acudiu, quinto curso do Ceip Balaídos.

Biscoito de cenorias.

Os equipos de quinto curso, quentan motores para o proxecto Hortus Cultus3.0

Excursión fin de curso ao parque de xogos "La Nave"

O alumnado de 5º de primaria realizou a excursión de fin de curso o mércores 20 de xuño ao parque de xogos "La Nave". 

Xogamos na piscina de bolas, tobogáns, cañóns de bolas, campos de fútbol, taller de peiteado, simuladores de carreiras, hinchables e ata escalamos no rocódromo.

Mirade que ben o pasamos!!

 

Plástico, non grazas...

                              Plástico, non grazas.

O alumnado de quinto B, estamos a facer un proxecto sobre a reciclaxe. Pescudamos na internet sobre como contaminan os plásticos, a onde vai todo o lixo que separamos nos colectores de cores, as empresas que o xestionan, convertendóo en materias primas para crear novos envases, coma Sogama ou Lousame.

Por outro lado estamos a desenvolver un xogo no patio, onde todo o alumnado de primaria ten  a oportunidade de separar o seu propio lixo, na hora do recreo, e nós agasallamos con sorrisos, e con divertidos selos de cores estampados nas mans...

Tamén descubrimos o xogo on líne, Mini Mundi, na  páxina web da organización sen ánimo de lucro, Ecoembes, na que aprendes a reciclar, aconsellámolo!!!

Proximamente todo o alumnado do cole, participará nas patrullas da reciclaxe no patio... pero esa... é outra notícia para contar.

 

Museos, A Coruña 2017/18

 

O alumnado de quinto visitou os museos científicos coruñeses: a Casa das Ciencias, o Domus, e o Aquarium Finisterrae.

Madrugamos...  convivimos, aprendimos e pasámolo moi ben...

 

Decálogo da Paz 5º

 O alumnado de quinto compuxo un DECÁLOGO PARA A PAZ, para non esquecer que, para conseguila, hai que traballar a diario nela.

 

Distribuir contido

Back to top