6º CURSO
TRABALLO DE 6º
Graduación de 6º de EP.
Acaba o curso e chega o momento das despedidas. O alumnado de 6º de EP, promoción de alumnas e alumnos 2013-2022, dixo adeus ao seu paso polo centro cun acto de graduación moi emotivo e bonito. As rapazas e rapaces prepararon diferentes actuacións musicais e recibiron os seus diplomas da man dos seus tutores e tutoras, así como unha grande parte de todos os mestres e mestras que os acompañaron ao longo destes 9 anos.
Aquí podedes ver fotos desta celebración tan especial.
DIA DOS HUMEDAIS DE GALICIA
O alumnado de 6º de primaria fixo unha saída ao río Lagares co motivo do día das Zonas Húmidas, baixo o lema "As zonas húmidas están cheas de vida: a biodiversidade das zonas húmidas é importante". Con esta saída observaron a vida do Lagares e que hai que ser respetuosos e limpos co noso entorno. Prantaron árbores no río, viron toda a vida microscópica das charcas con diferentes útiles, coñeceron o antigo cauce do río, e ata viron unha lontra e garzas!!! Tamén aprenderon sobre as árbores que rodean o río e puideron diferenciar entre as autóctonas e as tropicais. Unha saída que disfrutaron moito!!
RECOLLEITA DE PATACAS NA HORTA
Primeiro paseamos pola horta, observando todas as plantacións feitas polos compañeiros do colexio. E por fin, despois de varios meses de espera, recolleitamos as nosas patacas. Que sorpresa! Había de todolos tamaños. Lavámolas in situ e eproveitamos a auga para regar a horta.
Logo asámolas envoltas en papel de aluminio e comémolas con queixo de untar, manteiga e atún.
Estaban deliciosas!
Excursión a Manzaneda.
O alumnado de 6º de primaria realizou un viaxe de 3 días a Manzaneda para realizar un montón de actividades tales como montar a cabalo, en kart... foron uns días cheos de emocións e aventura. No vídeo podedes ver que ben o pasaron.
Taller de montaxe de microscopios
Os pasados días 4 e 5 de abril, os grupos de 6º de primaria participaron nun taller de montaxe de microscopios de papel, contratado pola dinamización de laboratorio con Knowleb .
Individualmente e paso a paso, seguindo as instrucións , cada alumna/alumno montou o seu propio microscopio e, posteriormente todas e todos participaron, por equipos, nun xogo chamado a “Academia da Policía Científica”.
Clicando aquí poderedes ver as fotografías da actividade.
Obradoiro Ecopercussión
Posted Abril 12th, 2019 by pablobarrefer
O xoves 11 de abril, o alumnado de 6º de EP tivo a gran sorte de participar nunha actividade moi divertida ampliando a súa formación musical.
Didier Díaz, mestre cubano, estivo no centro ensinando a tocar diferentes ritmos empregando unhas baquetas nuns instrumentos de ecopercussión.
Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron.
Pasámolo moi ben e quedamos todos moi contentos e con gañas de continuar aprendendo. Agradecemos ao mestre Didier a súa colaboración!
PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS INFORMACIÓN - SENSIBILIZACIÓN
O Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo ofertou ao centro un programa de prevención de consumo de drogas Información-Sensibilización, destinado ao alumnado de 6º de primaria.
O programa desenvolveuse durante os tres primeiros luns do mes de febreiro e o luns 18 de marzo, en sesións dunha hora en cada grupo. Os contidos das diferentes sesións foron:
- 1ª sesión: Que son as drogas?
- 2ª sesión: O tabaco
- 3ª sesión: O alcohol
- 4ª sesión: Asertividade
A finalidade última destas intervencións preventivas é a de promover a adopción de estilos de vida saudables entre a poboación destinataria, procurando que se reduzan as prevalencias dos consumos de drogas e os problemas sociosanitarios asociados con eles.
Obxectivos específicos que se tratan de cubrir con estas intervencións:
- Reducir as actitudes favorables ao uso das drogas.
- Incrementar a percepción do risco asociado ao uso de distintas drogas.
- Modificar as crenzas e mitos sobre os efectos das distintas substancias.
- Reducir a intención de consumir drogas no futuro.
VISITA AO CONCELLO
O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou unha visita ao Concello o xoves 24.
Percorrimos a lonxa, a sala de prensa, o centro de control do tráfico, o laboratorio e o lugar estrela: o pleno onde se reúnen o alcalde e os concelleiros.
Aquí vos deixamos un vídeo do noso percorrido: