CURSO 4ºA 4ºB

SAMAÍN OLÍMPICO

Este é o mural que preside a entrada do noso cole.

Cada clase do colexio, infantil e primaria, compuxemos un esqueleto olímpico. 

Estes son os esqueletos de terceiro: esquiando e surfeando.

Mirade o que fixemos o alumnado de 4º. Por un lado un esqueleto nunha competición paralímpica de baloncesto e outro facendo lanzamento de disco, imitando ao discóbolo de Mirón.

 

Pero o máis divertido foi o día 31 de outubro porque estivemos de festa todo o día. Moitxs  decidimos vir disfrazadxs pero houbo quen preferiu non facelo.

Celebramos as olimpíadas de Papirus con obradoiros.

Na aula de 4ºA esperábanos Lina para facer unha manualidade, consistente en compoñer unha cestiña con forma de cabaza para facer o truco e trato.

Na aula de 3ºB, estaba Anita, para facer xogos sobre papel como  sopàs de letras, tres en raia, xogos de memoria, … en inglés.

No ximnasio estaba a Gore para mover con ela o esqueleto con entretidos xogos de movemento.

 

Na aula de música estaba o alumnado de sexto preparados para contarnos historias terroríficas.

Ai! Non nos podemos esquecer do final.  Festa rachada no patio, con música e baile!

 

 Clicade na imaxe para ver  un divertido vídeo.

 

 

AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES NO ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Hoxe foi un deses días que seguro que non esqueceremos. Para celebrar o aniversario de Papirus, o alumnado de cuarto amadriñamos e apadriñamos á rapazada de segundo.

Sabedes en que consiste? Pois ben, xs maiores lémoslle un libro axs pequenxs. 

Como  preparamos esta actividade? Primero soubemos a quen lle iamos ler. Pensamos que tipo de libro lle gustaría e eliximos un da nosa casa ou da biblio da clase ou do cole. Despois adestramos moito e por fin hoxe fomos buscalos ás súas clases.

Xa no Bibliocastelo buscamos un recunchiño cómodo e a gozar coa lectura e a compañía.

Mirade no vídeo que bo ambiente había no Bibliocastelo. Eu creo que este foi o mellor agasallo que lle poidemos facer ao noso polbiño preferido.

Se clicades nas imaxes poderedes ver vídeos que resumen moi ben esta bonita actividade.

MOVENDO O ESQUELETO CON LINGUA DE SIGNOS

O alumnado de cuarto de primaria estamos levando a cabo un proxecto sobre o corpo humano. Unha das actividades máis chulas que fixemos foi a interpretación da canción do Esqueleto de Migallas en lingua de signos.

Mil grazas a Rosa Louro, a nosa intérprete de signos. No seguinte vídeo poderedes ver o chulo que quedou e o requetebén que o pasamos. Clicade na imaxe.

 

 

A BANDA DE MÚSICA DE BUEU VISITA O NOSO COLE

O pasado mércores, 17 de outubro, tivemos o honor de recibir no cole á parte dos integrantes da Banda de música de Bueu.

Fixéronos unha clase maxistral sobre os diditintos instrumentos. Tamén fixeron un miniconcerto e... o máis interesante: deixáronnos tocar!

Clicade na imaxe para comprobar o ben que o pasamos. 

 

FIC 2023

Que boa maneira de comezar un novo curso! O pasado xoves 21 de setembro baixamos ao centro social para ver as curtas do MINIFIC.

Proxectáronse cinco:

  • Despreocupadamente
  • Chimborazo
  • Ser irmás
  • O cativo e o elefante
  • Boom

Ao saír fixémonos unha foto no photocall da organización.

Encantáronnos todas, pero cando chegamos á clase votamos. Estes foron os resultados.

Ademais de desfrutar das curtas tamén fomos solidarios e colaboramos co banco de alimentos levando produtos de hixiene íntima. Que orgullosxs estabamos!

 

Durante toda esta semana seguimos traballando na aula con divertidas actividades relacionadas co FIC. 

MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS!

 

BENVIDXS A CUARTO! REUNIÓN PRINCIPIO DE CURSO

Clicando na imaxe poderedes acceder á presentación da reunión de comezo de curso.

O CATAVENTOS PAPIRUS

Un día do mes de xuño apareceu Papirus colocado misteriosamente enriba da nosa caseta meteorolóxica. Pero que fai aí Papirus? Esta era a pregunta de toda a comunidade escolar.

Queredes saber a historia?

Noa e Mar estaban levando na  aula de terceiro un proxecto de meteoroloxía. Propuxéronlle a profe Geli facer un cataventos, porque o  botaban en falta na caseta. Puxéronse mans á obra e seguiron os seguintes pasos:

Fixeron unha maqueta en papel coa imaxe de Papirus (non foi doado porque o noso polbo ten moitas patas)

Decidiron que o mellor material sería a madeira e calcaron a maqueta.

Un misterioso e amable carpinteiro, de nome Luís, cortouna.

Noa e Mar coloreárona cunha pintura especial, resistente á chuvia e ao Sol.

 

O noso querido conserxe Ramón, enxeñou a maneira de colocala sobre a caseta.

Ø

 

O resultado é espectacular. Agora podemos sabercal é a dirección do vento, e tede por seguro que nos vai axudar a ser:

Mellores meteorólogas e meteorólogos!

  

Concurso "Adiviña que..." e Torneo de Xadrez

 

Estes foron os gañadores do concurso realizado en lembranza a Francisco Fernández Del Riego, escritor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

Gañadores de 4º de primaria:

 

Iago

Saúl

Noé

Gabi recolleu o premio en nome de Martín

 

Gañadorxs de 3º de primaria:

Antón

 Luca

 Bosco

 Adri

 

Tamén se entregaron os premios ao alumnado que participou no I Torneo de Xadrez da escola. Aquí podedes ver tamén aos vencedorxs:

Noraboa a todxs!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Por fin chegou o día máis desexado do ano!

O alumnado de terceiro e cuarto fomos,o pasado venres, 16 de xuño de excursión a Ourense.

Alí visitamos o castro de San Cibrao de Las, e logo as termas de Outariz.

Pasamos un día fantástico que será moi difícil que se borre da nosa memoria.

A continuación podedes  ver os vídeos  coas fotos da xornada. 

 

ROTEIRO Á PRAIA DE PORTOMAIOR

Onte fixemos un pequeno roteiro de sendeirismo ata a praia de Portomaior. Saímos do cole á primeira hora da mañá, e comezamos vendo o peirao de Bueu. A profe Ami foinos explicando como era esa parte do noso pobo anos atrás, e descubrimos que había unha praia que ía dende Pescadoira ata a banda do río!

 

Despois pasamos polo clube de remo e baixamos á primeira praia: Petis. Alí comezamos a recollida de lixo, e comezamos a darnos conta da cantidade de cousas que algunhas persoas tiran ao chan, contaminando así o noso entorno natural.

 

Continuamos a camiñata pola praia de Loureiro, onde descubrimos unha rocha partida á metade, que marca a fronteira entre Bueu e Cela; e seguimos cruzando Agrelo ata chegar a Portomaior. Cando chegamos alí xa xuntaramos tres bolsas cheas de lixo!

 

Unha vez alí puidemos merendar e repoñer forzas para escoitar a interesante charla que nos deu Suso, da asociación ecoloxista ANDUXÍA. El explicounos un montón de cousas sobre o ecosistema da duna, aínda que despois do proxecto que estudamos este curso, había algunhas que xa coñeciamos. 

 

Por último, o profe Jose Ángel preparounos algúns xogos na area. Acabamos moi moi cansos, pero pasámolo xenial.

 

Distribuir contido