TEATRO AFUNDACIÓN E MUSEO

O martes 5 de marzo, a rapazada de segundo ciclo fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro “Hugo” no teatro de Afundación.

Gañadora do Premio María Casares ao “Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022”, Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día e gústalle falar e as plantas. Aprenden, cunha chea de sensibilidade e empatía, a interactuar e ser amigos. Hugo fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.

Tamén realizamos unha visita ao museo de Pontevedra. Os terceiros xogaron a ser detectives da arte: un cadro desaparecera e debían adiviñar quen fora o culpable. En canto aos de cuarto foron ver a parte da prehistoria no museo e ata luciron os torques daquela época!

Unha mañá moi instrutiva e divertida.