CURSO 3ºA 3ºB

24 OUTUBRO – CAZA DO TESOURO POLO ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

 

O pasado luns celebrouse o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, día no que celebramos tamén O ANIVERSARIO DE PAPIRUS, a mascota do noso cole.

Con tal motivo, e aproveitando o proxecto anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO, esta semana o alumnado de 3º e 4º levou a cabo unha CAZA DO TESOURO na biblioteca, que deseguido vos explicamos.

      

Os equipos de traballo distribuíronse polo espazo. Cada equipo tivo que resolver 5 probas: sopas de letras, labirintos, enigmas, 7 erros e agudeza visual. Con cada proba realizada correctamente, gañaban unha palabra, e con todas esas palabras formaban unha pista para atopar unha chave agochada nun dos libros da biblio!

     

Non foi tarefa fácil, xa que temos moitos libros… Ademais, cada equipo atopou unha chave, pero non todas abrían o ARMARIO SEGREDO.

Cando conseguiron abrilo, atoparon 3 CAIXAS MÁXICAS, que gardaban no interior 3 fantásticos premios. Pero había outro problema… tampouco era nada doado abrir aquelas caixas, e só tiñan un minuto e medio!

      

Finalmente, foron quen de abrir algunha delas, e obtiveron a súa recompensa: MÁIS TEMPO DE PATIO!!! Nas fotos podedes ver o ben que o pasaron con este xogo.

 

 

 

A MAXIA DE SAMUEL MORENO

O pasado venres, 14 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto tivemos a sorte de seren invitadxs polo Concello de Bueu ao espectáculo de maxia de Samuel Moreno no Centro Social do Mar.

Este ilusionista galego deuse a coñecer no concurso Got Talent, onde quedeu finalista. O mago conquistounos co seu estilo de maxia e o seu sentido do humor.

Noa Fazanes tivo a sorte de ser a súa axudante en algún momento do espectáculo.

A profe Ainhoa tamén subíu ao escenario e non puido evitar botar algunha gargallada ante as ocurrencias de Samuel.

Se queredes saber máis sobre este espectáculo clicade en : XORNAL DE BUEU

 

A nosa primeira excursión de 4º: FIC BUEU

O mércores 21 de setembro a rapazada de 4º fomos moi emocionados ao FIC BUEU. Puidemos ver 5 curtos: I' m not afraid, The ticket, Sierra, 6 pattes sous terre e The soloists.

Ao chegar de volta a clase, todos votamos polo noso curto favorito e sen ningunha dúbida, na clase de 4ºA "The soloists" foi o claro gañador.


O TEMPO EN BUEU

Nas dúas primeiras semana de abril, tocounos por segunda vez neste curso ir a recoller os datos á caseta meteorolóxica, e esa experiencia sempre nos emociona!

Ademáis, os de 3ºA, aproveitamos para realizar un recopilatorio de refráns meteorolóxicos e outro de instrumentos de recollida de datos. Tamén comparamos o tempo deste mes de marzo de 2022 co mesmo mes do ano pasado cuns climogramas, feitos por equipos.

Ollade o seguinte vídeo!

 

E os de 3ºB realizaron un traballo sobre os diferentes instrumentos meteorolóxicos:

 

 

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

E por fin chegou o día tan esperado, a excursión de final de cursooooo de 3º e 4º! 

Que ganiñas tiñamos todxs desta saída, despois de tanto esforzo e tantas restricións, xa era hora de volver á normalidade e poder gozar todxs xuntxs en Santiago de Compostela. 

Tivemos un día fantástico, o ceo anubrado deixounos tempo para todo o programado, MUSEO DE CIENCIAS, TOUR POR SANTIAGO, COMER NO PARQUE AO AIRE LIBRE E MUSEO DO POBO GALEGO. E por supospo comer o xeado!!

Ollade que ben o pasamos!

 

 

 

Visita da protectora do Morrazo

Hoxe estabamos todos moi ilusionados coa visita da PROTECTORA DO MORRAZO, e ao fin, viñeron a visitarnos con dous canciños!

Trouxemos unha morea de agasallos para eles, e en canto chegamos, foron a olisquealos, sabían que eran para eles!

Ao principio estaban un pouco nerviosos tamén, pero deseguida se acurrucaron nos brazos da profe Ana e a adoptaron!

O centro é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1993 coa finalidade primordial da defensa e protección dos animais mediante a recollida de cans abandonados e promover a súa defensa mediante campañas de concienciación, divulgación, e a xestión do refuxio.

A súa actividade principal é o coidado, a todos os niveis, dos animais que viven no refuxio para conseguir que todos elles se sintan queridos e seguros ata que consigan unha familia que os adopte de forma responsable e lles asegure un futuro feliz e unha vida digna.

Recordáronnos que non son xoguetes, que pasan a formar parte da nosa familia e como tal, necesitan coidados e moitísimo cariño. Tamén nos avisaron que a adopción dos cans require dun coñecemento amplio dos adoptantes e do que será o novo fogar dos animais. Tratase de lograr satisfacer as necesidades de ambos e que a relación que comeza sexa definitiva. Porque todos elles necesitarán un tempo e diñeiro para os seus coidados e para os seus paseos. Son os nosos amigos, pero tamén a nosa responsabilidade!

É importante a castración para evitar moitas enfermidades e reproduccións non controladas e é obligatorio poñerlles un chip, por se se perden, poidan devolvelos ás súas familias.

Ao final, tiveron unha sesión de aloumiños e tenrura! Canta emoción!

Non podemos rematar sen agradecer a todas as familias que participaron cos seus agasallos para a protectora.

Aquí deixamos o enlace da protectora: https://www.morrazocan.com/

 

O curso que ven, iremos a visitalos á protectora!

SAÍDA PRAIA 22

Hoxe tivemos un día SUPEEEEERRR DIVERTIDOOOOOO! Un día de convivencia entre as dúas clases, porque non todo vai ser estudar e traballar!

Sobran as palabras, tivemos xogos e máis xogos, chapuzóns e máis risas! 

Foi unha mañá fantástica na praia da Banda do Río, o curso que vén REPETIREMOSSSS!!

 

 

Sesión de animación á lectura nos terceiros

Esta mañá veunos visitar Benxamín, e fixemos algunhas actividades sobre o libro que lemos este trimestre: "A señorita BUBBLE, Baixo cero" de Ledicia Santos. 

Ao final, contounos unha historia moi divertida sobre un dos nosos compañeiros: Iago e tamén fixo o seu retrato!

Que ben o pasamos! 

 

 

 

 

 

PROXECTO PLANTAS

PROXECTO PLANTAS

Derradeiro proxecto do curso en ciencias naturais. Hai unha gran melloría desde a primeira exposición a esta última. 

Simplemente dicirvos a todxs, PARABÉNS por estes traballos, porque cada vez o facedes mellor e o máis importante é que o facedes con ilusión e moi moi motivadxs!

GRAZAS POR ESTE CURSO MARABILLOSO!

 TRABALLO POR EQUIPOS, mirade que ben o fixeron. Todxs queren ir a expoñer a outras aulas, o cal é fantástico para afianzar o aprendido, para traballar a exposición oral,  para subir a autoestima... porque TODXS O FACEDES MOI MOI BEN!

 

 

 

 

 

Charla "A ciencia do traballo doméstico"

O venres 10 de xuño, o CIM de Bueu impartíu unhas charlas nos cursos de terceiro, destinadas a concienciar ao alumnado da importancia de colaborar nas tarefas da casa e a implicación de toda a familia nelas. Tamén debatimos sobre o rol de xénero, aínda tan arraigado na nosa sociedade e do que as próximas xeracións teñen que desprenderse.

TODOS SOMOS IGUAIS E TODOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS E AS MESMAS OBRIGAS!

 

 

 

 

 

O alumnado de 3ºB fixo un par de experimentos na clase:

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido