CURSO 4ºA 4ºB

A BANDA DE MÚSICA DE BUEU VISITA O NOSO COLE

O pasado mércores, 17 de outubro, tivemos o honor de recibir no cole á parte dos integrantes da Banda de música de Bueu.

Fixéronos unha clase maxistral sobre os diditintos instrumentos. Tamén fixeron un miniconcerto e... o máis interesante: deixáronnos tocar!

Clicade na imaxe para comprobar o ben que o pasamos. 

 

FIC 2023

Que boa maneira de comezar un novo curso! O pasado xoves 21 de setembro baixamos ao centro social para ver as curtas do MINIFIC.

Proxectáronse cinco:

  • Despreocupadamente
  • Chimborazo
  • Ser irmás
  • O cativo e o elefante
  • Boom

Ao saír fixémonos unha foto no photocall da organización.

Encantáronnos todas, pero cando chegamos á clase votamos. Estes foron os resultados.

Ademais de desfrutar das curtas tamén fomos solidarios e colaboramos co banco de alimentos levando produtos de hixiene íntima. Que orgullosxs estabamos!

 

Durante toda esta semana seguimos traballando na aula con divertidas actividades relacionadas co FIC. 

MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS!

 

BENVIDXS A CUARTO! REUNIÓN PRINCIPIO DE CURSO

Clicando na imaxe poderedes acceder á presentación da reunión de comezo de curso.

O CATAVENTOS PAPIRUS

Un día do mes de xuño apareceu Papirus colocado misteriosamente enriba da nosa caseta meteorolóxica. Pero que fai aí Papirus? Esta era a pregunta de toda a comunidade escolar.

Queredes saber a historia?

Noa e Mar estaban levando na  aula de terceiro un proxecto de meteoroloxía. Propuxéronlle a profe Geli facer un cataventos, porque o  botaban en falta na caseta. Puxéronse mans á obra e seguiron os seguintes pasos:

Fixeron unha maqueta en papel coa imaxe de Papirus (non foi doado porque o noso polbo ten moitas patas)

Decidiron que o mellor material sería a madeira e calcaron a maqueta.

Un misterioso e amable carpinteiro, de nome Luís, cortouna.

Noa e Mar coloreárona cunha pintura especial, resistente á chuvia e ao Sol.

 

O noso querido conserxe Ramón, enxeñou a maneira de colocala sobre a caseta.

Ø

 

O resultado é espectacular. Agora podemos sabercal é a dirección do vento, e tede por seguro que nos vai axudar a ser:

Mellores meteorólogas e meteorólogos!

  

Concurso "Adiviña que..." e Torneo de Xadrez

 

Estes foron os gañadores do concurso realizado en lembranza a Francisco Fernández Del Riego, escritor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

Gañadores de 4º de primaria:

 

Iago

Saúl

Noé

Gabi recolleu o premio en nome de Martín

 

Gañadorxs de 3º de primaria:

Antón

 Luca

 Bosco

 Adri

 

Tamén se entregaron os premios ao alumnado que participou no I Torneo de Xadrez da escola. Aquí podedes ver tamén aos vencedorxs:

Noraboa a todxs!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Por fin chegou o día máis desexado do ano!

O alumnado de terceiro e cuarto fomos,o pasado venres, 16 de xuño de excursión a Ourense.

Alí visitamos o castro de San Cibrao de Las, e logo as termas de Outariz.

Pasamos un día fantástico que será moi difícil que se borre da nosa memoria.

A continuación podedes  ver os vídeos  coas fotos da xornada. 

 

ROTEIRO Á PRAIA DE PORTOMAIOR

Onte fixemos un pequeno roteiro de sendeirismo ata a praia de Portomaior. Saímos do cole á primeira hora da mañá, e comezamos vendo o peirao de Bueu. A profe Ami foinos explicando como era esa parte do noso pobo anos atrás, e descubrimos que había unha praia que ía dende Pescadoira ata a banda do río!

 

Despois pasamos polo clube de remo e baixamos á primeira praia: Petis. Alí comezamos a recollida de lixo, e comezamos a darnos conta da cantidade de cousas que algunhas persoas tiran ao chan, contaminando así o noso entorno natural.

 

Continuamos a camiñata pola praia de Loureiro, onde descubrimos unha rocha partida á metade, que marca a fronteira entre Bueu e Cela; e seguimos cruzando Agrelo ata chegar a Portomaior. Cando chegamos alí xa xuntaramos tres bolsas cheas de lixo!

 

Unha vez alí puidemos merendar e repoñer forzas para escoitar a interesante charla que nos deu Suso, da asociación ecoloxista ANDUXÍA. El explicounos un montón de cousas sobre o ecosistema da duna, aínda que despois do proxecto que estudamos este curso, había algunhas que xa coñeciamos. 

 

Por último, o profe Jose Ángel preparounos algúns xogos na area. Acabamos moi moi cansos, pero pasámolo xenial.

 

VISITA AO COMPOSTEIRO MUNICIPAL

O pasado venres, fomos visitar un dos composteiros municipais guiados María, enviada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa REVITALIZA.

María animounos a compostar os residuos orgánicos que producimos nos nosos fogares. Foinos indicando como tiñamos que facelo e lembrounos por que era importante.

Esta visita queda perfectamente enmarcada dentro do proxecto de Ecosistemas, que aínda que xa rematamos, consideramos que é importante seguir incidindo pois queremos converternos en persoas ECORRESPONSABLES.

Aproveitamos a saída para xogar un ratiño no parque da tirolina.

Isto vai cheirando a fin de curso!

 

REUNIÓN DE FIN DE CURSO

Como prometemos na reunión realizada hoxe, colgamos neste blog a presentación da mesma.

Preme na imaxe para abrila.

CORRELINGUA EN MOAÑA

Hoxe, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria foi a Moaña a celebrar o CORRELINGUA, e reivindicar así o uso da lingua galega.

 

A xornada consistiu nunha xuntanza da meirande parte das escolas da comarca do Morrazo. Primeiramente, realizamos unha marcha dende a praia da Xunqueira ata o palco da música, onde lucimos os carteis coas palabras galegas que previamente preparamos nas aulas, mentres berrabamos o lema deste ano: NA CASA E NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!

 

Cando chegamos, tomamos a merenda mentres os compis dos outros coles se ían colocando na explanada. E por fin chegou o momento máis esperado: o concerto de Brais das Hortas e Peter Punk, que nos cantaron, entre outras moitas, a xa coñecida canción de OSO DO COUREL.

 

 

No seguinte vídeo podedes ver as fotografías da excursión.

 

Distribuir contido