CURSO 4ºA 4ºB

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!

 

 

 

ESTRAGO DE ALIMENTOS

Hoxe recibimos a visita de Marcelo., persoa enviada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa PONTE A ZERO.

Seguindo coa nosa preocupación polos temas medioambientais e sociais, Marcelo veunos falar do estrago alimentario.

 

Esta charla veunos moi ben para facernos conscientes da sorte que temos de vivir nun país rico, pero tamén para lembrar que estragamos moitos alimentos mentres outros lugares non teñen que comer.

Volvemos recordar que o maís importante é Reducir o consumo, despois Reutilizar e por último Reciclar.

 

 

CHARLA: PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRES DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Esta mañá recibimos a  visita de Ana e Framil, para falarnos do PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Primeiro explicáronnos que condicións tiña que ter un parque nacional:

·       Ten que ser un espazo natural.

·       Debe ser grande

·       As plantas e os animais son propios do lugar.

·       Teñen que estar moi ben conservados . Foron elixidos para ser exemplo.

O parque nacional das Illas Atlánticas están formadas polas seguintes illas :

vIllas Cés

vIllas Ons

vIllas de Sálvora

vIlla de Cortegada

Despois faláronos dos distintos hábitats que atopamos  neste parque protexido.

ØPraias e dunas

ØMatogueiras

ØCantís

ØBosques

ØFondos de area

ØFondos de rochas e algas.

Rematamos facendo un xogo.

No seguinte vídeo poderedes ver as fotos deste día.

 

CHARLA DO CLUBE CORREDOIRAS

Dentro das actividades programadas polo proxecto AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS o alumnado de 4º, recibimos a visita de tres membros do clube de Atletismo de Bueu, Corredoiras.

Esta visita foi posible grazas a Luis Becerro, pai da nosa compañeira Lía,  que viu acompañado de Manolo Otero, membro fundador do clube e por Ricardo Verde, actual presidente de Corredoiras e ademais concelleiro de deportes do Concello de Bueu.

 

Manolo empezou falándonos sobre a historia do atletismo. Díxonos que correr, saltar e lanzar eran actividades que realizaba o ser humano dende a prehistoria para cazar e sobrevivir. Falounos tamén das olimpíadas da antigüedade e das modernas.

 

Tamén nos contou que é un deporte individual e que o deportista compite sempre consigo mesmo, intentando superarse.

 

Foi despois a quenda do papi de Lía.

 Luis foi mostrándonos a través dunha serie de imaxes o que que fan no clube Corredoiras.  Organizan competicións como a de Ons, Udra, San Martiño, …

 

Tamén van, como clube, a carreiras  en distintos lugares como Leiro, Vilagarcia, …

 

Falounos dos valores do deporte:

 

 Tenacidade

 

Superación

 

Compañerismo

 

Esforzo ...

 

Contounos que practicar o atletismo é moi sacrificado  para el e para a súa familia porque se pasa moitas horas adestrando. Pola contra este deporte permitiulle coñecer a moita xente e diferentes lugares.

 

Gústalle ir ás maratóns e adoita facelo unha vez ao ano.

 

O maratón de Sevilla rematouno cunha marca de 2 horas e 30 minutos!  UNHA MARCAZA!

 

Mostrounos as zapatillas coas que corre. Puidémolas tocar e comprobar que eran moi lixeiras.

 

 

Regaláronnos camisetas, unhas tazas, asinaron autógrafos e sacáronse unha foto con nós. Que mais queremos!

Desta charla motivadora esperamos que saian moitxs deportistas,  pois todo o que nos aporta é positivo.

MOITÍSIMAS GRAZAS!

 

 

 

RADIO A VOZ DA PEDRA: PROXECTO DOS SENTIDOS

A badalada final ao proxecto do corpo humano démolo no comezo deste segundo trimestre.

O alumnado acudimos ás instalacións da nosa emisora  A voz da Pedra para compartir con todos vós algúns datos que aprendimos.

Mirade neste pequeno vídeo as nosas cariñas de emoción pero temos que dicir que tamén somos un saco de nervios. Clicade na imaxe para velo.

Preparadxs? Imos escoitar os podcast!

Empezamos por un grupo que fixo un bonito proxecto investigando sobre a falta dos sentidos da vista e do oído: A CEGUEIRA E A XORDEIRA.

A continuación escoitaremos os podcast do sentido da vista, do oído, do olfacto, do gusto e finalmente do tacto.

 

Imos escoitar

NADAL 2023

Este mural que preside a entrada do noso cole é tamén  a postal coa que felicitamos á comunidade escolar. Como vén acontecendo dende hai anos, hai un anaquiño de todas as aulas do centro. Está presidido polo lema de Nadal gañador.

“GAÑES OU PERDAS,

ESTE NADAL,

DÁLLE UNHA APERTA

AO TEU RIVAL”

Parabéns a Emma de 6ºB!

Este outro mural está feito tamén polo equipo plurilingüe.

O día 21 de ecembro, último día do cole, foi un día moi especial porque fixemos os tradicionais obradoiros de Nadal.

PASÁMOLO XENIAL!

No seguinte vídeo podedes ver fotos dos obradoiros e do amigo invisible.

 

 

 

 

Neste vídeo hai momentos divertidos vividos co noso querido Mago Ramón. Aproveitamos para darlle as GRAZAS E A NOSA INCONDICIONAL ADMIRACIÓN.

FESTIVAL DE NADAL 2023

Aquí tendes o Festival de Nadal celebrado nos últimos días de clase. Despois do traballo musical de todo o trimestre, este foi o resultado final. Grazas á profe Elsa pola organización, e ás demais persoas que participaron.

Agardamos que vos guste!!!

 

 

PROXECTO CORPO HUMANO

 

Durante este primeiro trimestre en 4º estivemos realizando un proxecto sobre O Corpo Humano. Tras realizar varias actividades de búsqueda de información, vídeos, montamos un esquelete cos ósos, músculos, traballamos os diferentes aparellos e rematamos traballando por equipos ou parellas sobre os Sentidos. O resultado foi moi positivo e ao rematar quixeron expoñer en diferentes aulas o aprendido.

 

Este é o produto final dos traballos nas aulas, esperamos que vos guste.

 

Por outra banda algúns dos nenos e nenas quixeron gravar de forma voluntaria estes pequenos vídeos para publicar. Parabéns a todos e todas porque o facedes xenial!

 

Á volta do Nadal, iremos á radio a gravar as curiosidades aprendidas neste proxecto. Pero agora é tempo de descansar e gozar da familia e amigos.

 

FELICES FESTAS A TODXS E BO NADAL!

 

PANXOLIÑA EN LSE

Ao longo destes últimos días de clase, a nosa intérprete, Rosa, gravou un videoclip en LSE co alumnado de 4º. Estou segura de que coñecedes esta divertida panxoliña... "Volver a casa por Nadal". 

Agardamos que vos guste o resultado!!

 

FESTIVAL DE NADAL

Este mércores celebramoso festival de Nadal do noso cole.

Coa profe Elsa ensaiamos o Himno da Alegría e unha panxoliña coa música de OBLADI- OBLADÁ dos Beatles. Estabamos moi nerviosas e nerviosos pero pagou a pena. Cremos que nos saiu moi ben. 

 O mellor de todo e que o pasamos xenial, actuando e vendo como o facía  o resto das clases do cole.

Clicade nas imaxes para vernos.

 

 

Distribuir contido