CURSO 4ºA 4ºB

ANA ALONSO VISITA O NOSO COLE

O pasado venres, 25 de marzo, o alumnado de cuarto, tivemos a sorte de recibir a visita de Ana Alonso. Estabamos supermotivadxs, pois, como vos contamos nunha entrada anterior, neste segundo trimestre,  estivemos lendo o libro de poemas OLOR A MAR, SABOR A CHOCOLATE.

A escritora, contounos que sempre lle gustou ler. Díxonos que a súa casa estaba chea de libros e que cando tiña, máis ou menos a nosa idade empezou a escribir poesía. Era unha nena moi tímida e escribir permitíalle desfogar todas as súas emocións. Escribía para ela, ata que un día se atreveu a presentarse a un concurso e gañou. Iso doulle seguridade en si mesma.

Ana, leunos algún dos seus poemas, pero cando se entrou que nós tamén recitabamos e que fixeramos un recital de poesía pediunos que foramos nós quen llo fixeramos a ela. 

Contestou, moi amablemente á infinidade de preguntas que lle fixemos.

Aquí queda unha galería de imaxes desta visita inesquecible.

PROXECTO METEOESCOLAS 4º B

Esta semana do 21 ao 25 de marzo de 2022, volveunos tocar a caixa meteorolóxica. Xa estivera con nós a semana do 22 ao 26 de novembro de 2021, e quixemos esperar, para facer unha comparativa entre o rexistro do tempo en outono e en primavera.

Cal foi a nosa sorpresa ao comparar os datos recollidos, que as medicións son moi similares. Agora tócanos rematar o traballo, facendo dous climogramas que o representen, tarea na que o alumnado está metido de cheo.

Como resumo podemos destacar os seguintes datos:

                                                                L         M          Me.        X           V

Do 22-26 Nov.     T. máx. ºC                    22,3     14,4     16,6       16,6      15,3

                          T. mín. ºC                       7         8,4        8,7        7          6,5

                          Humidade %                 55        54         58        70         55

                          Precipitacións ml             0          0           0          4           0

Do 21-25 Marzo.  T. máx. ºC                    23        20          16        20,1      24,7

                          T. mín. ºC                      7,7      11          10          8,3       8,3

                          Humidade %                 60         52          55        57        57

                          Precipitacións ml            0          0             4          0          0

 

Como podedes observar subiron un pouco as máximas e as mínimas, pero a chuvia foi a mesma.

Xan non se pode un fiar dos cambios das estacións!!!

 

     

VISITA Á SALA DE EXPOSICIÓNS A FUNDACIÓN OBRA SOCIAL ABANCA E NATURNOVA.

   O pasado xoves 24 de marzo, o alumnado de 4º fixo unha saída a Vigo. Alí puideron gozar da visita ao Centro Interactivo de Educación Medioambienta de Naturnova, e da Sala de Exposicións A fundación Obra Social ABANCA, coa exposición fotográfica de título "La Palma volcán e vida".

   En NATURNOVA interactuaron cun espazo no que puideron viaxar nun simulador de submarino ao fondo da ría (nos que puxeron unhas gafas para velo en 3D), ver o sistema solar en movemento, escoitar unha tormenta, xogar coa realidade aumentada, informarse sobre os tipos de enerxías, ou coñecer máis sobre a xeoloxía, entre outras cousas. Puideron coñecer mellor o marabilloso mundo ao que pertencemos e a súa importancia para a vida.

   Na SALA DE EXPOSICIÓNS, admiraron as incribles fotografías do volcán da Palma e os seus efectos, xogaron a ser investigadores, realizando unha actividade didáctiva por grupos, e visitaron o mundo da realidade virtual cunhas gafas especiais, introducíndose de cheo na realidade vivida coa catástrofe do volcán.

 Pasaron unha mañá diferente aprendendo moitísimas cousas.

                   Que ben o pasaron!!!

 

 

           

 

           

DÍA DA POESÍA

O alumnado de 4º traballou, durante este segundo trimestre, un fermoso libro titulado "Olor a mar, sabor a chocolate".

Para conmemorar o día da Poesía, realizaron un recital cos poemas do texto.

Como non cabían todos nas instalacións da emisora, fixérono en tres pases:

 

O próximo venres, recibirán a  visita de Ana Alonso, autora do poemario, e de seguro que se vai sentir orgullosa de escoitalos!

 

 

EXPOSICIÓN DE ESCULTURA DE RAMIRO AGULLA

   O pasado xoves 17 de marzo, visitamos a Sala de exposicións Amalia Domínguez Búa, onde poidemos gozar da exposición de esculturas do noso veciño de Bueu, Ramiro Agulla.

   Co título "Folerpas de papel caen devagar sobre fachos prendidos", o autor suxeriunos un contido cheo de emocións e sentimentos encontrados, no que gracias a súa explicación sobre o que quixo reflexar, poidemos adentrarnos un pouco nese mundo, creado cunha instalación na que cada anaco, animaba a formar parte dela. Non faltaba detalle, e mesturando os elementos de luz, espacio, música, materiais e escultura, pasamos a formar parte da obra, no tempo real que estivemos alí admirándoa.

   Poidemos aprender moitas cousas deste grande artista, que contestou todas as nosas preguntas, e explicounos dunha manera sinxela, o que pretendeu mostrar coa súa obra de arte.

    Esta exposición estará todavía dispoñible durante todo o mes de marzo, para todo aquel e aquela que queira visitala. Animádevos!

   Foi unha experiencia xenial! Grazas por compartila con nós!

 

 

CHARLA SOBRE HIXIENE BUCAL

O alumnado de cuarto seguimos medrando en coñecementos sobre a saúde.

Esta semana recibimos na nosa clase a Cris, que recentemente, no día da Muller Traballadora, contounos na entrevista radiofónica que era hixienista bucal.

A nosa querida mestra de prácticas falounos de que eran as placas dentais, o sarro, as caries, a xenxivite ou a periodoncite. Explicounos como podemos previr estas enfermidades, ou como tratalas se xa as temos.

Estivemos todxs moi atentxs e  fixémoslle infinidade de preguntas.

Canto aprendemos destas exalumnas! Dende logo debemos celebrar este 50 aniversario! Porque destas aulas saíron persoas tan boas e competentes como a nosa admirada Cris!

PINTANDO A ROSALÍA CON ESTEBAN TARABELOS

Acordádevos do contacontos do día de Rosalía? Pois, despois de escoitar como Esteban, nos facía unha fermosa versión de "Vidal O Sinventura", historia incluída dentro de Cantares Gallegos, lembrade que fomos para as nosas aulas e pintamos o conto. 

As nosas mestras entregáronllo os nosos debuxos a Esteban, e este plasmounos no muro da pista de baloncesto e invitounos a colorealos!

Tivemos que esperar, porque xusto foi chover o día que nos tocaba, pero o pasado luns por fin puidemos facelo.

Mirade neste vídeo un resumo en fotos desta actividade tan chula!

 

8 DE MARZO: ENTREVISTAS RADIOFÓNICAS Á MULLERES IMPORTANTES DO NOSO COLEXIO

Que mellor data para entrevistar a mulleres importantes que pasaron polo noso colexio ao longo destes 50 anos?

O día da muller traballadora foi a data elixida polo alumnado de cuarto para entrevistar a estas 6 mulleres, bravas, valentes e loitadoras:

TRES MESTRAS: CARMEN ROGEL, ESTHER LOIS E ROSA BLANCO.

Foi unha experiencia inesquecible, na que as emocións desbordáronse, sobre todo por parte das mestras, Carmen e Esther,  xa xubilidas, cando lembraban a súa estadía no noso cole.

A entrevista da profe Rosa foi a máis solicitada porque todo o alumnado de 4ºA, témoslle un cariño especial pois foi a nosa mestra en primeiro e segundo. Ela coidounos e preocupouse sempre por nós, pero especialmente cando tivemos que estar confinados por culpa da COVID 19.

Escoitade con atención estes podcasts.

 

 

E TRES EXALUMNAS : MARÍA, LARA E CRIS

María e Lara, fixeron un gran esforzo vindo ao noso cole, pois atópanse estudando as súas carreiras de psicoloxía e fisioterapia respectivamente. Ambas, amosaron a súa ilusión por volver ao que foi o seu cole durante 9 anos da súa infancia.

Cris, xa é para nós unha máis desta gran familia do alumnado de 4ºA, pois se atopa facendo as prácticas de mestra no noso colexio, e, aínda que as fai co alumnado de 1ºA, vén a nosa clase un par de veces a semana.

Escoitade:

 

Moitísimas grazas por atender á nosa chamada! 

Foi un auténtico pracer entrevistarvos!

 

CHARLA DA EXALUMNA TERE MILLÁN SOBRE A ABORDAXE DAS ENFERMIDADES

A volta das minivacacións de Entroido supuxo para nós a sorpresa de recibir a grata visita de Tere, exalumna deste colexio. Sabendo que estabamos empezando un proxecto sobre A SAÚDE   veunos falar de diferentes enfermidades e de como as podemos previr ou de como se deben tratar. 

Entendimos a importancia que o descubrimento das vacinas tiveron para erradicar diferentes epidemias. 

Tamén unha boa alimentación, unha hixiene axeitada e a práctica de exercicio físico é imprescindible para unha vida saudable.

Asemade falounos  sobre os antibióticos. Ao igual que as vacinas, estes medicamentos, supuxeron un gran avance na medicina. Quixo chamar a nosa atención cando nos contou que hai que tomalos seguindo as ordes da nosa doutora ou doutor, as horas xustas e non deixalos de tomar aínda que xa non teñamos síntomas d enfermidade. Contounos que só serven para as infeccións provocadas por bacterias. Hoxe en día existe o perigo de que o noso corpo se faga resistente aos antibióticos por abusar do seu uso.

Fixémoslle moitas preguntas:

Ao final, tamén a interrogamos  sobre a súa estadía como alumna deste centro.

Foi moi agradable recibir esta visita, nestes días previos a conmemoración do día da muller traballadora. GRAZAS TERE!

OBRADOIRO DE RADIO 4ºB

Distribuir contido