Orientación

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Informase, dende o Departamento de Orientación, da convocatoria das axudas para alumnos e alumnas con necesidade especìfica de apoio educativo.
-O prazo de presentaciòn è ata o 26 de setembro.
-Os solicitantes deberán,como os cursos pasados, cubrir a solicitude vìa internet neste enlace:
http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
Unha vez cuberta, terán q imprimila,asinala e levala ao gabinete para q cubra o apartado que lle corresponde.
Todo isto xunto co resto da documentación  entregarase  no Departamento de Orientaciòn do colexio o antes posible.
O horario de Orientaciòn será os xoves e venres de 9:15 a 14:15 e os mèrcores de 11:30 a 14:15.
Grazas. Un saúdo.

BECAS e AXUDAS ANEAE para gabinete psicopedagóxico

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

das axudas ANEAE:

 

 

Por resolución del Secretario de Estado de Educación, F.P. y Univ. de 27 de septiembre de 2016, se amplía el plazo de presentación de solicitudes de la convocatoria da ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso 2016-2017 hasta el día 6 de octubre inclusive.

Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet nesta ligazón
Despois de cuberta a solicitude teñen que imprimila, asinala e levala ao gabinete para que a cubran e selen no seu apartado.
Esa documentación tramitarase dende o Departamento de Orientación coa inspección educativa.

O PRAZO DE RECEPCIÓN DA DOCUMENTACIÓN NO COLEXIO REMATA O DÍA 29 DE SETEMBRO, (xa que o prazo para a tramitación na consellería remata o día 30).
Por favor non esperen ao último día para evitar complicacións.

Máis información

HÁBITO DE ESTUDO

Éxito escolar =

Capacidade + Interese + Técnicas de estudo +

Tempo empregado + Persistencia + Autoconfianza

Todos os rapaces e rapazas poden mellorar o seu rendemento escolar: aínda que teñan problemas para asimilar información ou falta de atención ou de motivación... 

 Lembra que a lectura supón a práctica máis importante para o estudo.  É importante adestrar a lectura comprensiva e a velocidade lectora.  

Ademáis aquí tes uns consellos para estudar mellor:

ESFORZO E MOTIVACIÓN: Aprende dos teus erros e acertos. Proponte obxectivos sinxelos que poidas cumprir. 

PLANIFICACIÓN: Fai un horario de estudo e colócao en lugar ben visible para cumplilo. O horario ha de ser realista.

AMBIENTE: Debes ter un espazo propio para estudar con pouco ruído e sen distraccións.

AXUDAS: A túa familia pode axudarche a elaborar e cumprir o horario de estudo, a planificarche, tomándote a lección, repasándoche un traballo...
A axuda da familia pode ser decisiva.

 Ademáis hai TÉCNICAS DE ESTUDO que axudan a mellorar e a rendibilizar o estudo e que poder ir entrenando:

Subliñado e anotacións á marxe

Síntese ou resumo

Esquema

Cadro comparativo

Mapas conceptuais

Fichas e ficheiros

Listas de conceptos

Cada persoa deberá primeiramente coñecelas e, despois, elixir aquelas que mellor se adapten á súa forma de aprender e reter os contidos e mesmo «adaptalas ou «inventar» novas maneiras de levalas á práctica. O importante é que nos sexan útiles, que nos sirvan para aprender mellor.

Hai una páxina web que te pode servir de axuda para entrenarte nestas técnicas:

  http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html

 Le atentamente os consellos xerais e logo vai seguindo os “papiros” e facendo as actividades prácticas.

ÁNIMO QUE TÍ PODES!!

HÁBITOS NA INFANCIA

Dende o seu nacemento, os nenos e as nenas deben adquirir hábitos que lles van facilitar a vida.

Os hábitos son comportamentos aprendidos, que acaban realizándose case automaticamente, pautas estables de resposta intelectual ou conductual. Son grandes ferramentas psicolóxicas, fundamentais para a educación. Introducen orde nun mundo que descoñece, fan que sexa para eles máis predicible e máis seguro.

Na primeira infancia, os hábitos principais son os hábitos de sono, os hábitos de comida, a aprendizaxe dos ritmos, a habilidade para regular as súas emocións, para saber tranquilizarse.

Coa repetición vai organizando a realidade, soportando mellor a inquietude. Segundo crece, ten que ir aprendendo os hábitos hixiénicos, e máis tarde debe aprender a obedecer, a respectar outros nenos, etc. Hai certamente hábitos dos que terá despois que "deshabituarse, como o chupete". E hai outros que non deben adquirir. Por exemplo, o hábito de depender demasiado dos demais, o de recibir todo o que piden sen esforzo, o de esperar que alguén lles resolva os problemas.

A aprendizaxe dos hábitos esixe constancia e coherencia, pero unha vez consolidados son unha grande axuda.

Por exemplo, despois da escola, é moi conveniente organizarlles a volta á casa, a orde en que van distribuír a tarde: falar coa familia, merendar, facer os deberes, xogar, bañarse e deitarse cedo.

Debe habituarse a que a tele non ten que estar sempre posta, que hai unha hora para merendar e outra de irse a durmir, que non necesita a presenza da súa nai para quedar durmido.

O neno acaba aprendéndoo coa mesma naturalidade con que aprende que para ir ao piso de arriba hai que subir as escaleiras. Non lle gusta, pero sabe que así son as cousas.

Hai varios tipos de hábitos:

Intelectuais: aprender a falar, a pensar, a ordenar os pensamentos, máis tarde a razoar, a facer plans, a anticipar, etc

Afectivos: son os estilos emocionais básicos, a seguridade, a autoconfianza, o optimismo, a actitude activa. 

Condutuais: os hábitos de comer, durmir, atender, obedecer, respectar a orde nos xogos, aprender a tranquilizarse, a distraerse só, a compartir os xoguetes, etc.

Éticos: os hábitos morais: a sensatez, a xustiza, a valentía, a xenerosidade, a bondade.

Todos estes hábitos van configurando o carácter do neno, a súa personalidade aprendida. Son trazos psicolóxicos moi estables, que convén coidar, porque se son os axeitados van constituír os recursos fundamentais cos que vai contar o neno ao longo de toda a súa vida. Non estamos a adoutrinalo, nin limitamos a súa autonomía.

Estamos a proporcionarlle un "capital educativo".

(José Antonio Marina. Universidad de Padres)

ALGÚNS CONSELLOS PARA O NADAL

Como afrontar as lupandas do Nadal?

Aínda que as comidas e ceas de Nadal son moi esperadas polos adultos, os máis pequenos non poden dicir o mesmo. Aos nenos cústalles moito romper calquera hábito -incluído os alimentarios-, polo que introducir cambios na súa rutina pode provocar que se poñan nerviosos, que non proben bocado ou que, pola contra, coman ata empacharse. Evita que iso lle aconteza ao teu fillo! 

Trucos para gozar na mesa

Substitúe o primeiro prato por canapés lixeiros -podes utilizar ingredientes como pemento, pepino ou olivas para debuxar neles unha cara- e elixe un segundo prato de carne branca ou peixe sen salsas pesadas. Permite tamén que o teu fillo te axude na cociña: así, adquirirá o hábito de colaborar na casa, aumentará a súa autoestima e será consciente da importancia dunha boa alimentación.

Unha carta aos Reis interminable 

É posible que, en vez de escribir unha carta a Papá Noel ou aos Reis Magos, o teu fillo preparase unha relación de xoguetes digna de competir coa guía telefónica. Esta situación demostra que o neno aínda non é consciente do valor real das cousas e do esforzo que implica conseguilas. Non te alteres: esta é unha magnífica oportunidade para falar con el e facelo ver o seu erro.

Non sempre logramos o que desexamos

Repasa con el os regalos que pediu e explícalle por que non é posible que os reciba todos (asegúralle que non os necesita para divertirse). Cunha negativa serena pero firme, o teu fillo aprenderá a encaixar a frustración que lle supón non obter todo o que quere. Se rompe a chorar, non interveñas: deixa que se desafogue e, cando se calme, fala con el, pero sen ceder ás súas pretensións.

Distribuir contido