2º Ciclo

ANIVERSARIOS 3º EP

Aquí unhas fotiños das doces celebracións de aniversario.

 

PARTICIPAMOS NO 38 CONCURSO DO CRUPO SOCIAL ONCE "EL CAMINO QUE NOS HACE IGUALES".

Este concurso escolar do Grupo Social ONCE, na súa 38 edición, convidounos a participar e traballar, unidos pola inclusión. E baixo o lema "El camino que nos hace iguales", propúxonos cambiar da sensibilización a acción, creando un cartel que enviamos acompañado dun audio explicativo do mesmo. Da man do ONCELIO o seu icónico isotipo, soupemos a propuesta pedagóxica que nos guiou nesta tarefa na que quixemos colaborar coas nosas ideas, os nosos debates, a nosa ilusión e a creatividade como equipo. Este foi o magnífico resultado co que xa nos sentimos algo gañadores. 

CARTEL DO ALUMNADO DE 3º DE EDUC. PRIMARIA

 

CARTEL DO ALUMNADO DE 4º DE EDUC. PRIMARIA

CARTEL DO ALUMNADO DE 5º A DE EDUC. PRIMARIA

CARTEL DO ALUMNADO DE 6º DE EDUC. PRIMARIA

A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

Espectáculo proposto e patrocinado pola ANPA , con historias tradicionais do medio rural que teñen

como, protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña, etc. 

Ensinando a coidar e  respectar a natureza, a implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación

para a resolución de conflictos, e a valorar e fomentar a nosa lingua.

TIVEMOS 9 OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON RECICLADOS PARA TODO O ALUMNADO, PAGADOS POLA ANPA.

O longo da semana, José da empresa MATRACALA- Actividades lúdicas e educativa- desenvolveu no noso centro, un singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes, a percusión. En total foron 9 obradoiros para os diferentes cursos, con diferentes actividades e graos de dificultade.

Neles promoveu por unha banda, a reciclaxe de obxectos para darlles un novo uso, moi lúdico e divertido a libre expresión do alumnado a través de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados, dándolles un novo uso musical e divertido, e a resonancia do propio corpo.

A actividade proposta polo centro, resultou gratuíta porque foi pagada pola nosa ANPA. Moitas grazas de novo pola vosa colaboración, axudándonos a complementar o noso proxecto educativo con outras persoas, recursos e actividades que o enriquecen.

 

 

 

TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.

Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade.

Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan  e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. 

UN BELÉN ENTRE TODOS E TODAS...

  A proposta da Profe Ana de Relixión, o alumnado que quixo e as súa familias poideron participar creando personaxes e obxectos, cos que logo, no colexio,  fixeron este precioso Belén.Noraboa!! porque non lle falta detalle...

 

SOLIDARIOS COA ILLA DA PALMA, PARTICIPAMOS NA PROPOSTA "UNA CARTA, UNA SONRISA"

Alumnado e profesorado, participamos nesta iniciativa tan emotiva e importante. Con ela poidemos afondar en moitos sentimentos e emocións. Algunhas lembrando o vivido nós mesmos, nos incendios de non fai moitos anos. Dende o noso cole sairon unha chea de cartas, cargadas con moitos bicos, apertas, palabras doces de ánimo e todo o noso agarimo, para os nenos, nenas, docentes e toda a xente da illa da Palma.

 

 

 

Distribuir contido