ANPA Tintureira
Asociación de Nais e Pais de Alumnos
Enviado por admin o 19 Abril 2010 - 6:20pm
A ANPA Tintureira agrupa a unha boa cantidade das familias do colexio.Colabora en actividades organizadas polo centro e organiza as súas propias actividades:
Contacto:- Correo electrónico: anpatintureira@hotmail.com - Teléfono: 662 033 385 - Local da ANPA: no 1º piso do colexio, xunto a E. Infantil 4 anos |
Comunicado ANPA: Servizo Madrugadores
Enviado por Manuela o 6 Septembro 2021 - 6:42pm
Benqueridas familias: Co motivo do inicio do curso escolar o próximo xoves día 9 de setembro, informamos ás familias da posta en marcha novamente do Servizo de Madrugadores no cole durante o curso 2021/2022. O Servizo de Madrugadores estará dispoñible para aqueles nenos que teñen que chegar antes o cole. Monitora: Rebeca Horario: de 7:45 a 9.15 Material: Ningún.
Ofrécese:
Os nenos deben asistir de forma continuada (este ano non podemos ofrecer a opción de días soltos por ter que atenernos ao protocolo do Covid-19), e sempre temos que ter una mínima información do neno. Así que se algún quere facer uso deste servizo, solicitade a ficha de inscrición o propio xoves á monitora de madrugadores.
Seguro obrigatorio por neno (Anual) - 5 €
Para poder asistir o primeiro día ao servizo de madrugadores (xoves 09/09/2021) debedes enviarnos un whatsapp antes do mércores día 08/09/2021 ao número da ANPA 662033385 indicando o nome e apelidos do neno/a, o curso no que está matriculado e que horario e servizo vai necesitar. |
Comunicado ANPA
Enviado por Manuela o 24 Septembro 2020 - 6:36pm
Boas a todos, En primeiro lugar, gustaríanos dar as grazas pola vosa paciencia, sentimos moito ter tardado tanto en enviarvos este comunicado, pero o igual que para vos, con todo o que está pasando non é fácil tomar unha decisión ou planificar con tempo de antelación o que imos facer, porque todo cambia cada pouco.
Aínda que na comunicación anterior comentámosvos que ía haber unha reunión a pasada semana, vímonos na obriga de retrasala, pois estabamos a espera dun comunicado de FOANPAS coa carta que enviamos a Consellería de Educación da Xunta de Galicia coas nosas reivindicacións, (documento que axuntamos para vosa información)
Polo que dende aquí animámosvos a asistir a Asemblea ordinaria de Socios do ANPA A Paz – Tintureira convocada para mañá venres día 27 ás 19:30 h, reunión que se realizará Online a través da plataforma ZOOM seguindo o seguinte enlace: https://us04web.zoom.us/j/76187250087?pwd=YVNObGhSWU9XeW5RQnBIb3ZnazFtdz09 ID de reunión: 761 8725 0087 Código de acceso: 0fwjAs
Adxuntamos tamén neste comunicado a carta con toda a información sobre nosa ANPA e un formulario coa a ficha para cubrir e facerse socio. Un saúdo A Xunta Directiva
Documentos Anexados: . Carta dirixida á Consellería de Educación . Carta informativa sobre a ANPA A Paz-Tintureira . Formulario alta de socio 2020-21
|
Comunicado da ANPA Tintureira
Enviado por Manuela o 10 Septembro 2020 - 12:22pm
Estimadas familias, Lamentamos moito informarvos que tal como avanzamos a pasada semana, este ano, debido a situación extraordinaria de emerxencia sanitaria non poderemos ofertar nin realizar ningunha das actividades que viñamos realizando: Aula madrugadores e actividades extraescolares. O motivo polo que non podemos realizar este servizo é que non somos competentes. Non temos os coñecementos, nin os medios necesarios, tampouco temos a formación necesaria nin o amparo legal para poder realizalo. Este ano as comunicacións que teñamos que facervos e as reunións serán por vía telemática e iranse avisando por whatsapp, e cando nos sexa posible, tamén a través da web do cole no apartado Pais/Nais - Anpa Tintureira. ENLACE A primeira medida que tomaremos, con fin de facilitar a comunicación coas familias, é abrir unha páxina de Facebook "Anpa Tintureira do CEIP A PAZ" na que colgaremos tamén toda a información e documentación que se lle comunica @s soci@s. Non esquezades facervos amigos do noso Facebook. A primeira reunión de soci@s farase a través dunha plataforma online entre os días 16 e 18 de setembro (a confirmar). Nesta reunión cerraremos o curso 2019/2020 e explicarase o proxecto do novo curso. Esperando que todos esteades ben, vémonos pronto pola canle virtual.
Saúdos A Xunta Directiva |
CARTA DE PRESENTACIÓN DA ANPA TINTUREIRA
Enviado por Manuela o 19 Septembro 2018 - 3:52pm
Dalles a benvida ao curso 2018/2019. Esta asociación serve de intermediaria entre o centro e as familias, representa a nais e pais no consello escolar, organiza as actividades extraescolares e xestiona o servizo de madrugadores, todo co fin de axudar no posible a mellorar o cole. Para presentar o programa da ANPA deste curso e escoitar as vosas suxestións de mellora ou ofertas de axuda, convocámosvos a unha reunión o Xoves 27 de Setembro ás 19:00h.
Cousas a ter en conta para facerse socio/a: IMPORTE: 12 €/ano por familia DOCUMENTACIÓN: Entrega na oficina da ANPA a ficha de socio cuberta (1 por familia) Xustificante de pago (Banco Santander: ES84 0049 0170 5422 1026 4931) indicando o nome da familia ou pago da cota na oficina da ANPA. HORARIO DA ANPA: Setembro: todos os días de 9:15 a 9:30 / A partires de Outubro: Luns de 16 a 17h, Martes de 9:15 a 9:30 PRAZO PARA FACERSE SOCIO: Ata o 31 de Outubro.
Vantaxes de ser socio/a: - Participación nas actividades extraescolares e madrugadores con desconto. - Desconto noutras actividades e eventos/excursións, posibles axudas para excursións, etc. - Organización de festas especiais para socios (Nadal e Fin de curso) e outras actividades culturais. - Agasallos no Nadal e na graduación. - Plataforma de apoio ante instancias educativas e organización de actividades de defensa do ensino, condicións educativas, mobilizacións, etc.
Normas importantes para as actividades extraescolares - Ningún neno pode facer uso do servizo de madrugadores ou das actividades extraescolares con débedas pendentes na ANPA. - É imprescindible notificar previamente na ANPA o comezo do uso das mesmas e pagar o seguro escolar (5€/ano) - Compromiso de mantemento durante todo o trimestre. A inscrición nunha actividade esixe a participación continua durante un trimestre completo. No caso de baixa, debe abonarse o trimestre completo igualmente. As baixas deberán comunicarse directamente ao ANPA (as baixas comunicadas soamente aos profesores da actividade non serán baixas efectivas). - Os pagos realizaranse durante a primeira semana do mes correspondente por transferencia bancaria -Banco Santander ES84 0049 0170 5422 1026 4931. Pódese realizar pago mensual, trimestral ou anual da actividade. O impago de dous meses consecutivos supón a baixa inmediata na actividade, salvo aviso por anticipado ao ANPA. - Gardas: A participación nas actividades implica a realización dalgunha garda (co horario das actividades dese día). -Para realizar os grupos das actividades é necesario entregar a ficha cuberta antes do 27 Setembro. - Comezo das actividades: Luns 1 de Outubro. O incumprimento de calquera destas normas pode levar consigo a baixa como socio.
|
