Números anteriores
O RECHOUCHÍO Nº 16
Enviado por Marga o 14 Xuño 2018 - 9:39pm
Rematado o curso escolar 17-18 presentamos a nosa revista escolar "O RECHOUCHÍO", promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa participación de todos os cursos do colexio. Xa vai polo nº16 e nesta ocasión convértese nunha revista musical. Podedes ver as cancións premendo en cada un dos títulos que aparecen no índice debaixo da imaxe.
ÍNDICE;
1. "A SAIA DA CAROLINA"( ED. INFANTIL 3 ANOS). 2. "NA BEIRA DO MAR"( ED. INFANTIL 4 ANOS). 3. "SEMENTAR SEMENTAREI"( ED. INFANTIL 5 ANOS). 4. "A RIANXEIRA"( 1º ED. PRIMARIA). 5. "O SACRISTÁN DE COIMBRA"( 2º ED.PRIMARIA). 6. "CORPIÑO XEITOSO"(3º ED.PRIMARIA). 7. "O TREN"( 4º ED. PRIMARIA). 8. "O GATO METIDO NUN SACO"( 5º ED. PRIMARIA). |
O RECHOUCHÍO Nº 15
Enviado por Marga o 29 Xuño 2017 - 6:48pm
Xa temos aquí o último número da nosa revista O Rechouchío. Esperamos que vos guste! |
REVISTA RECHOUCHÍO Nº 14
Enviado por Manuela o 16 Xuño 2016 - 3:55pm
Xa está aquí o último exemplar da revista "O Rechouchío", e xa imos polo número 14! Este ano "Trouleamos coa Ciencia", como veredes no interior das súas páxinas. Invitámosvos a lela simplemente premendo nas páxinas para avanzar. Ademáis na Biblioteca de Centro e de aulas os rapaces e rapazas terán a súa disposición un exemplar impreso para o seu disfrute. Esperamos que vos guste!
|
REVISTA ESCOLAR: O RECHOUCHÍO Nº 13
Enviado por admin o 10 Xuño 2015 - 6:12pm
Estreamos unha nova edición da nosa revista escolar "O Rechouchío". Este nº 13 convértese nunha revista de auténtico cine, como tiña que ser neste curso tan cinematográfico. Podedes ver as películas realizadas premendo en cada un dos títulos que aparecen no índice debaixo da imaxe. Disfrutade! ÍNDICE
|
O RECHOUCHÍO Nº 12
Enviado por admin o 24 Xuño 2014 - 4:44pm
Aquí temos, un ano máis, a revista escolar "O Rechouchío" que xa vai polo nº 12. Nesta ocasión está adicada aos temas mariños que recomendou a Meiga Tintureira na súa proposta anual. Facede clic na imaxe para ver todas as súas páxinas. Que a disfrutedes!! |
Un novo RECHOUCHÍO
Enviado por Carmen o 2 Xullo 2013 - 11:37amO Rechouchío nº X
Enviado por admin o 20 Xuño 2012 - 3:47pm
Aquí temos o nº 10 da nosa revista escolar "O Rechouchío", promovido polo Equipo de Normalización Lingüística do colexio. Nesta ocasión o fío condutor é o tema proposto pola Biblioteca escolar a través da Meiga Tintureira: "Habelas, hailas...". Veredes moita información recollida polo noso alumnado sobre bruxas, meigas e outros seres lexendarios da mitoloxía galega. Tamén veredes reportaxes sobre as nosas celebracións, sobre outros temas traballados nas clases e algunha que outra sorpresa. Esperamos que vos guste. Este ano notáronse os recortes e, por falta de cartos, non fixemos unha edición en papel. Repartiuse entre todas as familias do colexio en formato CD. Tamén pode visualizarse desde aquí como "revista virtual" premendo na palabra "Expand" que hai sobre a imaxe da revista.
|
REVISTA "O RECHOUCHÍO".
Enviado por admin o 11 Xullo 2011 - 11:33am
Presentamos o nº 9 da nosa revista escolar "O RECHOUCHÍO", promovida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e coa participación de todos os cursos do colexio. Neste número o tema central que desenvolvemos está relacionado co mundo da creación artística baixo o lema que nos propuxo a Meiga Tintureira: "Escribimos cadros, pintamos historias". A revista repartiuse entre todas as familias do colexio. Podes vela premendo na reproducción da súa portada. |
