En galego!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

 

O venres 23 de febreiro celebramos no colexio o día de "Rosalía de Castro".

O programa foi o seguinte:

- Lectura da biografía de "Rosalía de Castro".

- Recitado do poema "Miña casiña, meu lar" no que participou o alumnado do Centro.

- Música tradicional galega.

- Degustación do "Caldo de Gloria" no comedor escolar.

 

 

Non deixedes de visitar a entrada sobre Rosalía publicada no blogue da Meiga Tintureira.

ENLACE 

 

CALENDARIO 2.024

Comenzamos o ano estreando no colexio o calendario 2.024, elaborado nas aulas de infantil e primaria.

        

MAGOSTO 2.023

Xa estamos no mes de Novembro e agora os soutos están cheos de ourizos e castañas...Con este froito celebramos no colexio a festa do Magosto. No seguinte video tedes unha mostra do día da celebración do Magosto.

 

 

SAMAÍN 2.023

 

 O samaín chegou ao colexio cunha morea de actividades terroríficas: cabazas decoradas, merendas monstruosas, disfraces... e "Contos de medo" narrados polos alumn@s de 6º de primaria.

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No centro tivemos obradoiros, concerto con alumnado, familiares e Sabina unha das axudantes da nosa cocina, e baile. E por suposto, un riquísimo "caldo de gloria", no noso comedor.

Todo para celebrar o merecido día de Rosalía de Castro. 

  Aquí vos deixamos algúns videos da festa que tivemos.

 

 

ENTROIDO 2023

 O venres 17 de febreiro, celebramos o entroido no colexio. Este ano a temática común para disfrazarnos foi "Érase unha vez...a historia de ler".

 

 

Samaín

 

SAMAÍN 2022

 

O venres 28 de outubro o noso colexio encheuse de arañas, morcegos, bruxas, vampiros e pantasmas...!

Celebramos o Samaín, esa festa tradicional Celta que conmemora o final das colleitas e marca o final de ano. Pero tamén é a noite na que as portas ao outro mundo se abren e deixan paso ás animas... Nós xa non lle temos medo a nada porque fomos deixándolle todos os nosos temores ao comemedos e el encargouse de zampalos todos!

Aí vai unha pequena mostra , desfrutádea.

 

UNHA CHEA DE ACTIVIDADES NA NOSA SEMANA DE SAMAÍN 2022!!!

 

      

 

    Nas aulas crearemos monstros, bruxas, pantasmas             -Unha caixa máxica preto da

  e decoraremos as portas, para converter o noso colexio         biblioteca, recollerá e desfará

  nun lugar terrorífico.                                                              todos os nosos medos.

 

 

 

 

      - Familias,tedes que decorar xuntos na casa unha cabaza,ou facer un boneco de follato. Ides             traelos o colexio o día 25 de outubro. A exposición estará ata o día 28 de outubro,que teredes         que recollelas vós, ou levaranas o alumnado para casa.

 

 

 

 

     

 - Alumnado de 6º de E. Primaria preparará contos de medo, que contarán vestidos para a ocasión,o día 28 de outubro ao resto do alumnado do colexio, nas súas aulas.

     -     Nas aulas, o día 28 de outubro,                             -O día 28 tamén virán disfrazados

 degustaremosas merendas incribles                          para gozar na nosa festa ATERRADORA!

 e arrepiantes, da nosa casa.     

                                    

E NO COMEDOR... UN ESPELUZNANTE MENÚ, CUN BREVAXE ARREPIANTE!!!

 

 

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS

O venres 13 de Maio celebramos o día das Letras Galegas. 

Este ano dedicouse o poeta ourensán Florencio Delgado Gurriarán. Coñecemos a súa biografía xogando todo o centro o rosco do "Pasapalabra".

 

Celebramos o esperado mercadiño de libros usados, cun grande éxito de participación e de aportacións. Nesta edición, grazas a todo o recadado coa venda de libros e a doazón do centro, conseguimos ao redor de 650€ que serán ingresados na fundación ACNUR para a axuda aos refuxiados do conflito de Ucrania.

Ademais fixemos distintas actividades que vos mostramos neste vídeo. 

Distribuir contido